miniatura|300px|Placa conmemorativa no edificio onde estaba o obradoiro de Gráficas Torres.

A colección Benito Soto foi un proxecto editorial levado a cabo en Pontevedra entre 1948 e 1952 por Emilio Álvarez Negreira, Manuel Cuña Novás e Sabino Torres. Debe o seu nome a Benito Soto, o pirata da Moureira.

O proxecto Naceu como proxecto para editar os libros de poesía deses autores, convidando aos seus coñecidos a facer o mesmo, tanto en lingua galega como en castelán.

Álvarez Negreira era o máis novo do grupo, pero o que tiña maior entusiasmo, polo que foi designado director nun inicio. As obras imprimíanse en Gráficas Torres, a imprenta do pai de Sabino Torres, polo que foi nomeado editor. As dúas primeiras publicacións editáronse a comezos de 1949: Madrigal, do propio Álvarez Negreira, e Fabulario novo, de Cuña Novás. Entón pediron a colaboración de Celso Emilio Ferreiro, nese momento un poeta xa consagrado que participaba na vida intelectual pontevedresa. Trala súa chegada, Sabino Torres (en certa medida o mecenas do grupo), designouno director, pasando Álvarez Negreira á secretaría. Con todo, a efectos reais seguiu facendo as funcións de dirección, poñéndose en contacto cos autores e seleccionando os textos.

Libros editados Madrigal (Emilio Álvarez Negreira, 1948) Como el río (Sabino Torres, 1948) Poemas de ti e de min (Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, 1949) Musa Alemá (Celso Emilio Ferreiro en colaboración con Antonio Blanco Freijeiro, 1949) Triscos (Luís Pimentel, 1950) Muiñeiro de brétemas (Manuel María, 1950) Fabulario novo (Manuel Cuña Novás, 1952) Dona do corpo delgado (Álvaro Cunqueiro, 1950) Gárgolas (Tomás Barros, 1950) Anxo de terra (Ricardo Carballo Calero, 1950) Cantos de cotovía (Eliseo Alonso, 1950) El dios de los precipicios (José Ruibal Argibay, 1950) Cantigas da noite moza (Augusto Casas, 1950) Follas de un arbre senlleiro (Manuel Fabeiro, 1951) As canciós d'ise amor que se diz olvido (Juan Pérez Creus, 1951)

Véxase tamén Outros artigos Hipocampo Amigo

Ligazóns externas

"A RAG lembra en Pontevedra a primeira colección que publicou en galego tras a guerra civil" 24/11/2019.

Categoría:Poesía Benito Soto Benito Soto Categoría:Listas de libros