Louder Than Love é o segundo álbum da banda estadounidense de grunge Soundgarden, editado o 5 de setembro de 1989 a través do selo A&M Records. Despois da xira de promoción do seu álbum de estrea, Ultramega OK (1988), Soundgarden asinou un contrato con A&M e comezou a traballar neste disco. As cancións do álbum contan cun son grunge con tendéncia cara ao metal con algúns compases pouco ortodoxos.
Debido ás letras dalgúns temas o álbum levou na súa capa o adhesivo "Parental Advisory". Louder Than Love converteuse no primeiro disco da banda en entrar na lista Billboard 200, acadando o posto 108 en marzo de 1990. Soundgarden promoveu o álbum con xiras por Norteamérica e Europa, e este foi o seu derradeiro traballo co baixista orixinal, Hiro Yamamoto.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Soundgarden Categoría:Álbums musicais de 1989 Categoría:Álbums producidos por Terry Date Categoría:Álbums de A&M Records