Jean Louis Rodolphe Agassiz (Môtier1807 - 1873) foi un zoólogo e xeólogo americano de orixe suíza. Educouse na casa, complementada posteriormente en Bienne e Lausana, antes de pasar á Universidade de Zürich para estudar medicina, cando se traslada á Universidade de Heidelberg comeza a se interesar pola paleontoloxía grazas a Heinrich Georg Bronn. Trasladouse a París, onde entrou en contacto con Alexander von Humboldt e Georges Cuvier quen o motivaron para se interesar pola xeoloxía e a zooloxía, ademais durante estes anos vaise interesar pola ictioloxía, que se converterá na súa actividade máis importante.
Categoría:Nados no cantón de Neuchâtel Categoría:Nados en 1807 Categoría:Finados en 1873 Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Xeólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Medalla Copley Categoría:Alumnos da Universidade de Zürich Categoría:Profesores da Universidade Cornell