Dejan Bodiroga (en serbio cirílico: Дејан Бодирога), nado o 2 de marzo de 1972 en Zrenjanin, Iugoslavia (actual Serbia) é un ex xogador profesional de baloncesto serbio. Está considerado un dos mellores xogadores da historia de Europa. Cunha altura de 2,05 metros xogaba na posición de escolta, aínda que podía desenvolverse ben como base ou aleiro, e mesmo axudar no xogo interior.

Traxectoria Bodiroga comezou a xogar ao baloncesto competitivo aos trece anos, xogando no Mašinac baixo a supervisión do xogador de baloncesto local Rade Prvulov. Aos quince anos xa medía 2,05 metros, polo que non tardou en ser promovido ao primeiro equipo. Aos dezasete, nun amigábel contra o KK Zadar consegue anotar trinta e dous puntos, sendo visto xogar por Krešimir Ćosić, o cal insistiu ao xogador para incorporarse ao equipo de Zadar. Bodiroga accedeu finalmente, mais tras dous anos alí estalou a guerra dos Balcáns, polo que tivo que marchar fóra do país a xogar. Recibiu importantes ofertas do AEK Atenas (equipo que adestraba nese momento Ćosić) e do Olympiacos, con todo ambos equipos esixíanlle que adoptase a nacionalidade grega. Bodiroga rexeitou a nacionalización, polo que optou por marchar xogar a Italia.

En Italia estivo durante catro anos, de 1992 a 1996, xogando no Stefanel Trieste e no Stefanel Milano, equipo co que gañou no seu último ano a Liga e a Copa dese país. Cómpre destacar que en 1995 Bodiroga optou ao draft da NBA, onde foi elixido de 51 polos Sacramento Kings, aínda que finalmente non quixo xogar alí. Durante os seguintes anos xogou na liga ACB e na HEBA, conseguindo múltiples títulos, como tres Euroligas. Tamén conseguiu durante eses anos varios títulos a nivel de selección, entre os que destacan dous mundiais e tres EuroBasket.

Cunha estatura de 2,05 metros e un peso 110 kg, destacaba pola súa polivalencia, xa que podía xogar en case calquera posición. Gran tirador de longa distancia, converteuse no líder de tódolos conxuntos nos que xogou. Actualmente e dende a súa retirada en 2007, exerce como "manager" da Virtus Roma, o seu último equipo como xogador. Era curmán en segundo grao do defunto xogador Dražen Petrović.

Equipos 20px|border|YUBA Liga YUBA. KK Zadar (1990–1992) 20px|border|Lega LEGA. Stefanel Trieste (1992–1994) 20px|border|Lega LEGA. Stefanel Milano (1994–1996) 20px|border|ACB ACB. Real Madrid Teka (1996–1998) 20px|border|HEBA HEBA. Panathinaikos (1998–2002) 20px|border|ACB ACB. FC Barcelona (2002–2005) 20px|border|Lega LEGA. Virtus Roma (2005-2007)

Palmarés Colectivo Selección de Iugoslavia 1 medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de 1996 de Atlanta. 2 medallas de Ouro nos Campionatos do Mundo de Grecia 1998 e Estados Unidos 2002. 3 medallas de Oro nos Eurobasket de Grecia 1995, España 1997 e Turquía 2001. 1 Medalla de Bronce no Eurobasket de Francia 1999.

Competicións europeas de clubs 3 títulos da Euroliga: 2 co Panathinaikos Atenas: 2000 e 2002. 1 co FC Barcelona: 2003. 1 título da Copa Saporta Co Real Madrid Teka: 1997. 3 veces subcampión da Copa Korac: 1 co Stefanel Trieste: 1994. 2 co Stefanel Milan: 1995 e 1996. 1 vez subcampión da Suproliga: Co Panathinaikos Atenas: 2001.

Competicións nacionais de clubs En Italia: 1 Lega Basket, co Stefanel Milan: 1995-1996. 1 Copa de Italia, co Stefanel Milan: 1995-1996. En Grecia: 3 A1 Ethniki, co Panathinaikos Atenas: 1998-1999, 1999-2000 e 2000-2001. En España: 2 Liga ACB, co FC Barcelona: 2002-2003 e 2003-2004. 1 Copa do Rei, co FC Barcelona: 2002-2003. 1 Supercopa ACB, co FC Barcelona: 2004-2005.

Individual Distincións internacionais Mellor Xogador do Campionato do Mundo de Grecia 98 MVP Europeo da tempada 1998-1999 pola revista francesa "Basket Hebdo" Integrante do Quinteto Ideal do Eurobasket de París-99 Integrante do Quinteto Ideal da Euroliga na tempada 2001-2002 Mellor Xogador Europeo da tempada 2001-2002 pola revista BasketNews MVP da Final Four da Euroleague de Boloña-2002 MVP da Final Four da Euroleague de Barcelona-2003 Integrante do quinteto ideal da Euroleague na tempada 2002-2003 Mellor Xogador Europeo da tempada 2002-03 pola revista "Basketnews" Integrante do quinteto ideal da Euroleague na tempada 2003-2004 Seleccionado entre os 35 mellores xogadores da historia da Euroliga

Distincións en España MVP da liga ACB na tempada 1997-1998 MVP da Copa do Rei de Valencia 2003 "Gigante" Estranxeiro da tempada 2002-03 pola revista "Gigantes del Basket" Integrante do Quinteto Ideal da liga ACB na tempada 2003-2004

Distincións en Iugoslavia Mellor Xogador Iugoslavo de 1996 polo diario deportivo iugoslavo "Sportski Zurnal" Mellor Deportista Iugoslavo do ano 1998 Deportista Iugoslavo do ano 2002 polo Comité Olímpico Nacional de Iugoslavia

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com You Tube. Dejan Bodiroga

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Zrenjanin Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do KK Zadar Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Pallacanestro Virtus Roma Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Iugoslavia Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia e Montenegro Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Serbia e Montenegro Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto