Phạm Hùng, nado en Vinh Long o 11 de xuño de 1912, finado en Hanoi o 10 de marzo de 1988, foi primeiro ministro de Vietnam dende 1987 até 1988.

Traxectoria Pham Hung naceu na Provincia de Vinh Long, no delta no río Mekong, no sur de Vietnam. Uniuse ao Partido Comunista de Indochina en 1930, sendo sentenciado a morte polos franceses, aínda que logo lle conmutaron a pena. Loitou contra os franceses e despois da Batalla de Dien Bien Phu ascendeu rapidamente polo partido. En 1958 converteuse en viceprimeiro ministro.

Durante a Guerra de Vietnam, actuou como comisario dos Vietcong. Tamén traballou como secretario do interior despois do seu relativo curto período de primeiro ministro.

Faleceu dun ataque ó corazón o 10 de marzo de 1988.Obituario no New York Times

Notas

Categoría:Primeiros ministros de Vietnam Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en Vietnam