A Pedra do Frade é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 14 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 6 homes e 8 mulleres.

Etimoloxía popular Conta a lenda que un frade do mosteiro de Moraime (Muxía) que andaba polo lugar viuse seguido polos lobos e, para salvarse deles, subiu ó alto dun gran con na aba do monte. Desafortunadamente, a manobra non evitou que os lobos o matasen e devorasen (ata os zapatos comeron, conta a lenda). En lembranza do feito colocouse unha cruz sobre o con, visible a moita distancia.Explora os recantos de Vimianzo: Itinerario I. Vimianzo e o seu contorno, na web do Concello de Vimianzo.

Lugares e parroquias Lugares de Berdoias

Parroquias de Vimianzo

Notas

Pedra do Frade