Articulación pode referirse:

En lingüística a: A articulación lingüística é o fundamento estrutural que explica por que unha lingua carece de límites acerca do que se pode dicir con ela. A articulación fonética é o traballo muscular realizado para emitir sons intelixibles. En mecánica e anatomía a: Articulación anatómica é a zona de unión de dous ou máis ósos. articulación mecánica é o medio de unión entre dous sólidos móbiles ou dous sólidos resistentes. Noutros contextos a: Articulación (música) é a forma en que se produce a transición dun son a outro na música. Articulación (botánica) é o nó ben diferenciado que separa dous segmentos dun órgano vexetal.