O Club Baloncesto Tizona, coñecido por motivos de patrocinio como UBU Tizona, é un club de baloncesto español con sede na cidade de Burgos, Castela e León. Actualmente compite na Primeira FEB, segunda categoría do baloncesto español.

Historia O club ten as súas orixes no Club Deportivo Maristas de Burgos, mais non é até o 2001 que se independiza obtendo a actual denominación, competindo na liga EBA. Despois de tres anos na liga EBA, o CB Atapuerca recibe unha invitación da FEB para participar na liga LEB 2, conseguindo finalmente chegar á LEB Ouro. En 2014 o equipo refúndase como CB Tizona.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Tizona Categoría:Deporte en Burgos