O Nuova AMG Sebastiani Basket, tamén coñecido como NSB e Nuova Sebastiani Basket, foi un equipo profesional de baloncesto italiano, fundado en 1998 na cidade de Rieti (no Lacio) e desaparecido en 2010, un ano despois de trasladarse a Nápoles. Estaba considerado como o sucesor do AMG Sebastiani Basket, equipo que gañou a Copa Korać en 1980.

Historia O club é considerado o sucesor do antigo AMG Sebastiani Basket Rieti, equipo que competiu na Serie A nos anos 1970 e 1980, chegando a gañar a Copa Korać en 1980. En 2009, o club trasladouse dende Rieti a Nápoles, mais foi excluído da liga en abril de 2010 por problemas económicos.

Nomes O club, dependendo do patrocinador, foi coñecido cos seguintes nomes:

Brina Rieti (1973−1977) Althea Rieti (1977−1978) Arrigoni Rieti (1978−1980) Ferrarelle Rieti (1980−1981) Acqua Fabia Rieti (1981−1982) Binova Rieti (1982−1983) Cottorella Rieti (1983−1984) American Eagle Rieti (1984−1985) Ippodromi d'Italia Rieti (1985−1986) Corsatris Rieti (1986−1987) Dentigomma Rieti (1987−1988) Noi Sport Monte Terminillo Rieti (2005−2006) Solsonica Rieti (2006−2009) Martos Napoli (2009−2010)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Estatísticas na web da Lega Ficha en Eurobasket

Categoría:Equipos de baloncesto de Italia