Os cantís de Møn ou Møns Klint é un tramo de 6 km de cantís calcarios e xiz que se atopa ao longo da costa leste da illa dinamarquesa de Møn, na rexión de Selandia, con saída ao Mar Báltico. Desde xullo de 2025 é Patrimonio da Humanidade. Algúns dos cantís caen 120 m cara ao mar.

O 29 de maio de 2007, preto dos cantís, a raíña Margarida inaugurou o GeoCenter Møns Klint. O museo deseñárono PLH Architects, os gañadores dun concurso de deseño.

O 13 de xullo de 2025, Møns Klint foi un dos sitios aceptados para a súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Características O cantíl máis alto é o Dronningestolen que atópase a 128 m sobre o nivel do mar. A contorna de Møns Klint está formada por bosques, pastos, lagoas e outeiros empinados, incluíndo Aborrebjerg que, cunha altura de 142 m, é un dos puntos máis altos de Dinamarca. Os cantís e o parque adxacente están agora protexidos como reserva natural. Møns Klint é un destino turístico bastante popular en toda Europa, recibe uns 250.000 visitantes ao ano. Hai camiños claramente sinalizados para camiñantes, ciclistas e xinetes. O camiño ao longo dos cantís leva a escaleiras que baixan á costa en varios lugares. A praia desta zona non é de area senón de pedra.

Véxase tamén Ligazóns externas Møns Klint from the Insula Moenia site Guide to Møns Klint from the National Forest and Nature Agency

Categoría:Xeografía de Dinamarca Categoría:Mar Báltico