A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), tamén coñecida como Universidade Popular, é un organismo autónomo dependente do Concello de Vigo, adicado a formación gratuíta disciplinas e oficios artísticos.

Historia A escola foi fundada en 1885 pola Sociedade de Socorros Mutuos La Cooperativa, por iniciativa do seu residente de honra e exministro Eduardo Chao, e foi inaugurado o 26 de setembro de 1886. O seu obxectivo era o de facilitar a educación de mulleres e obreiros e outros colectivos que tiñan difícil acceso a instrución elemental. En 1888, co fin de facilitar o financiamento do centro, entregou a titularidade da escola ao concello vigués. En 1890 A Universidade Popular de Vigo recupera a súa denominación histórica e transfórmase nunha Escola de Artes e Oficios, en Culturagalega.org (vistado o 6/6/2010) (en 1897 segundo outras fontes)Escola de Artes e Oficios de Vigo dentro do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (visitado o 6/6/2010), José García Barbón encargou o arquitecto Michel Pacewicz o deseño dun edificio que albergara a escola, que se inaugurou en 1900. O edificio posteriormente foi doado a cidade a condición de que o ensino alí impartido fose gratuíto e que o concello da cidade xestionase o edificio. Tamén doou unha biblioteca de 5.000 volumes que se situou no edificio.

Nos primeiros anos a formación impartida incluía aritmética, xeometría, debuxo lineal e artístico, esterotomía e música para os homes; para as mulleres as materias eran caligrafía, aritmética, teneduría, corte e confección.

Ata o franquismo a institución continuou coa súa filosofía, pero posteriormente adoptou o seu programa o ensino regrado, e máis adiante ampliou a súa oferta a novas expresións artísticas e a novas necesidades formativas.

A partir dos anos 70 a Escola pasou a chamarse Universidade Popular de Vigo, seguindo modelos do momento, pero no ano 2003 recuperou a súa denominación orixinal, o que lle obrigou a adaptar o seu curriculum oficial as directrices deste tipo de centros. Dende 1998 ata 2002 o edificio foi pechado por reformas, e as súas aulas foron trasladadas, sen que se interrompera a actividade.

Currículo formativo Actualmente, dentro do ensino regrado e homologado oficialmente están os ciclos superiores de cerámica artística, encadernación artística, gravado, técnicas de estampación e serigrafía. Dentro do ensino regrado, pero non homologado con título oficial, impártese cun plan idéntico os ciclos formativos de construción artesanal de instrumentos musicais, coas especialidades de zanfona, gaita e luthería antiga.

Fora do ensino profesional impártense aulas de pintura, debuxo, escultura e talla, moda, ourivaría, artes gráficas, repuxado en coiro e encaixe de palillos. A institución tamén tenta impartir cursos relacionados con oficios tradicionais galegos, e cursos intensivos relacionados coa filosofía do centro.

Ensinanza musical Os estudos musicais teñen grande importancia dentro do currículo do centro. En 1996 nace o Conservatorio de Música tradicional, dirixido por Rodrigo Romaní. Dentro deste conservatorio inclúense cursos de interpretación musical, construcións de instrumentos ou tecnoloxías aplicadas a música. No ano 2008 o Conservatorio pasa a chamarse e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), que engloba toda a proposta educativa sobre música tradicional.

Na escola tamén xurdiron outras iniciativas importantes. En 1984 naceu a Banda de Gaitas Xarabal, que integra na súa formación un gran número de instrumentos, en resposta a variedade formativa do centro. O Grupo Didáctico de Instrumentos Musicais Populares Galegos tamén naceu no seo da institución. Dito grupo organiza concertos didácticos e ten editado un disco coa mesma intención divulgativa.

No ano 2001 xorde tamén dentro do seo a escola a orquestra de folk contemporáneo SonDeSeu, unha orquestra folk contemporánea.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Plan de Estudos oficial vixente (PEEMAO15) Edificios históricos, Concello de Vigo. Páxina oficial da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Páxina oficial da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (e-Trad) Blog oficial EMAO en Liña Historia da Escola (no seu 134 aniversario) Biblioteca Pública García Barbón-EMAO (Blog)

Categoría:Institucións de ensino de Vigo Categoría:Institucións de ensino musical en Galicia Categoría:Arquitectura civil en Vigo Categoría:Michel Pacewicz Categoría:Escolas de arte