Steven James Hewitt, nado en Northwich (Cheshire) o 22 de marzo de 1971, é un músico inglés, batería da banda Placebo entre mediados de 1996 e outubro do 2007, cando abandonou o grupo debido a diferenzas musicais, sendo substituído por Steve Forrest.
Antes de unirse Placebo Hewitt foi membro de varias bandas coma Electric Crayons, K-Klass, The Mystic Deckchairs, Boo Radleys e Breed. Tamén traballou como músico de sesión. Entrou en Placebo substituíndo a Robert Schultzberg.
Hewitt, Steve Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Cheshire