A Copa Mundial da FIFA Suráfrica 2010™ (en inglés: FIFA World Cup South Africa 2010™) foi a edición número dezanove do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo comezou o 11 de xuño no Estadio Soccer City de Xohanesburgo, rematando un mes despois, o 11 de xullo, no mesmo recinto. O Mundial de Fútbol 2010 foi a culminación dunha fase de clasificación que comezou en agosto de 2007 involucrando a 204 dos 208 equipos nacionais rexistrados pola FIFA. Como tal coincide cos Xogos Olímpicos de 2008 como a competición deportiva con máis estados participantes.
Esta edición foi a primeira vez que se celebrou nunha nación africana, despois de que Suráfrica vencese a Marrocos e a Exipto no proceso de elección. Esta decisión fai que a única confederación que aínda non acolleu esta competición sexa Oceanía. O sorteo para a fase final do torneo tivo lugar en Cidade do Cabo o 4 de decembro de 2009.
proclamouse campioa do mundo por primeira vez na historia, nunha disputada final contra os na que gañou 0-1 cun gol de Andrés Iniesta a cinco minutos do final da segunda parte da prórroga. A selección anfitrioa, , ademais dos anteriores campión e subcampión, e , foron eliminados na fase de grupos, sendo a primeira vez que isto ocorre. As selección da , o e abandonaron posteriormente o torneo nas roldas eliminatorias. Cómpre destacar que a selección de foi a única selección que non perdeu ningún partido en todo o torneo, xa que conseguiu empatar nos seus tres encontros da fase de grupos.
Antecedentes e elección miniatura|Nelson Mandela foi un dos principais promotores da candidatura de Suráfrica. Desde os anos 1980 comezou a medrar a idea da realización dun torneo en África en resposta ao crecemento e desenvolvemento do fútbol no devandito continente e que se reflectía no progreso das seleccións do mesmo en diversos torneos internacionais. Até a edición de 2002, disputada en Asia, Europa e América organizaran exclusivamente o torneo desde a súa creación en 1930.
Para a elección da sede da Copa Mundial de Fútbol de 1994, Marrocos estivo a tres votos de derrotar aos Estados Unidos, e posteriormente volveu presentar candidaturas para as Copas de 1998 e 2006, sen lograr resultados satisfactorios. Nesta última elección, Suráfrica presentou a súa candidatura co apoio do presidente da FIFA, Joseph Blatter, pero os esforzos foron en balde: Alemaña adxudicouse o evento nunha rifada e polémica votación por un voto de diferenza. Trala derrota surafricana, os dirixentes da FIFA decidiron establecer un criterio de "rotación continental" que permitise asegurar que o certame seguinte sería xogado en África, un dos grandes continentes que non albergara o evento. A FIFA permitiu soamente candidaturas africanas e seis países manifestaron as súas intencións. miniatura|Fans festexando a elección de Suráfrica. Xunto a Suráfrica e Marrocos, candidatas en eleccións anteriores, presentáronse Exipto, Libia, Nixeria e Tunisia. Nixeria abandonou a carreira nun comezo sen presentar a súa candidatura oficialmente ante a FIFA. Libia, doutra banda, anunciou que en caso de ser elixida non permitiría que Israel puidese participar no torneo, quedando descualificada; a pesar diso, persistiu coa súa candidatura até a presentación final. A FIFA desestimou a posibilidade de realizar un mundial en conxunto entre dúas nacións, polo que Tunisia, que pensaba nunha asociación cos libios, retirouse días antes da votación.
Así, tres candidaturas quedaron con posibilidades reais, con todo, a pelexa era principalmente entre Suráfrica e Marrocos. Os marroquís presentábanse como unha ponte entre Occidente e o mundo musulmán, e unha alternativa próxima a Europa, mentres os surafricanos baseaban a súa postulación no seu desenvolvemento económico e experiencia en realización de eventos deportivos (como a Copa Mundial de Rugby e de crícket). O 15 de maio de 2004 realizouse a elección na cidade suíza de Zürich. Marrocos contou co apoio de Bélxica, España, Francia, Qatar, Tailandia, Turquía e os catro votos da Confederación Africana de Fútbol, mais ese dez votos foron insuficientes para contrarrestar o catorce votos dos outros representantes latinoamericanos que votaron por Suráfrica; Exipto non recibiu ningunha preferencia. A vitoria surafricana viuse selada con Nelson Mandela, principal figura da candidatura, levantando o trofeo da Copa Mundial.Suráfrica albergará o Mundial de fútbol 2010
Resultados da votaciónPaísVotos Suráfrica 14 Marrocos 10 Exipto 0 Tunisia retirouse o 4 de maio de 2008 despois de facer unha oferta conxunta que non se permitiu border|20px|Libia Libia rexeitouse a candidatura por non cumprir os requirimentos e a oferta conxunta non se permitiu
Clasificación Como país organizador, Suráfrica clasificouse automaticamente ao torneo. Con todo, participou de igual xeito nas eliminatorias para o mundial debido a que estas eliminatorias tamén serven como rolda de clasificación para a Copa Africana de Nacións 2010 de Angola. Por isto, foron a primeira selección organizadora dende o Mundial de 1934 que toma parte desta fase da competición.
Ao igual que pasou na Copa do Mundo de 2006 os campións do anterior mundial non se clasificaron directamente, polo que Italia tivo que xogar a rolda previa. O sorteo para decidir as eliminatorias de clasificación para o Mundial 2010 foi realizado o 25 de novembro de 2007 en Durban, Suráfrica.
Lista de participantes As seguintes 32 seleccións clasificáronse para a fase final.
AFC (4)
CAF (6)
(anfitrión)CONCACAF (3)
CONMEBOL (5)
OFC (1) UEFA (13)
miniatura|305px|
Esta é a primeira Copa do Mundo na que non participa ningún equipo que non se teña xa clasificado para edicións anteriores, xa que as dúas novas seleccións de Eslovaquia e Serbia xa se clasificaran formando parte de Estados desaparecidos. No caso de Eslovaquia fixérao competindo como parte da selección de Checoslovaquia, e no caso de Serbia como parte de Iugoslavia e posteriormente de Serbia e Montenegro. En ámbolos casos a FIFA considera que as seleccións manteñen os rexistros das súas predecesoras.
Porén, houbo algunhas controversias na clasificación, as que envolveron aos partidos xogados entre as seleccións de Francia e de Irlanda, de Costa Rica e o Uruguai e de Exipto e Alxeria en novembro de 2009. No segundo encontro da eliminatoria entre Francia e Irlanda, o capitán da selección francesa Thierry Henry, non visto polo colexiado, golpeou o balón ilegalmente coa man dando ao seu equipo o gol da vitoria que clasificaba aos bleus ao mundial. Este incidente provocou un amplo debate sobre como ao partidos de alto nivel debían ser arbitrados. A FIFA rexeitou a petición da Federación Irlandesa de repetir o encontro, así como a petición de incluír aos irlandeses como equipo número 33 do mundial. No caso de América, a selección de Costa Rica queixouse polo da vitoria do Uruguai nesta eliminatoria definitiva para o mundial, mentres o encontro entre Exipto e Alxeria estivo rodeado por informes sobre problemas cos seareiros.
En resposta a todos estes incidentes durante a clasificación, e como arranxo á controversia, o 2 de decembro de 2009 a FIFA convocou unha xunta xeral extraordinaria do seu Comité Executivos. Despois da reunión, a FIFA anunciou o comezo dunha investigación sobre a aplicación da tecnoloxía e novos asistentes durante os encontros, mais non falaron sobre a esperada introdución dos xuíces de gol que xa se usaran durante os encontros de Europa League, reiterando que no Mundial só haberá un arbitro principal cos seus dous asistentes e un cuarto árbitro como é habitual.FIFA reject extra referees proposal
Organización Trala elección do país como sede, comezaron os preparativos para a organización do evento. Os principais investimentos, cubertas principalmente polo superávit impositivo, corresponden á infraestrutura tanto deportiva como de transporte e a redución das cifras de criminalidade. Así, máis de 8.400 millóns de rand (aproximadamente 1.100 millóns de dólares) foron destinados orixinalmente á remodelación e construción dos estadios, cuxas obras se iniciarían durante xaneiro de 2007 trala demolición de antigos recintos. A cifra, con todo, era equivalente a 3,5 veces o orzado durante a presentación da candidatura. Adicionalmente, o goberno anunciou que a policía nacional contaría para 2010 con 10.000 efectivos máis que nesa data.
Co paso dos meses, o desenvolvemento dos preparativos foi posto en cuestión e comezaron a xurdir rumores sobre un posible traslado da sede do torneo debido aos atrasos existentes.Doubt over South Africa 2010 Franz Beckenbauer, presidente do Comité Organizador da Copa Mundial de Fútbol de 2006 manifestou publicamente a súa preocupación polo estado de avance das obras.Beckenbauer issues 2010 warning Con todo, a FIFA ratificou que a sede non sería cambiada e que só se avaliaría aquilo ante un desastre natural de gran magnitude. Con todo, o 29 de xuño de 2008 o presidente da FIFA dixo ter un "Plan B" listo no caso de que o país africano tivese problemas na organización, aínda que ratificou a Suráfrica como sede para a Copa Mundial de Fútbol de 2010.A FIFA ten un "Plan B" para Suráfrica 2010 Días despois, especuláronse os nomes de posibles organizadores no caso de que Suráfrica non puidese ser anfitrioa do mundial do 2010, Australia, España e Estados Unidos soaron bastante forte, debido a que o Estadio Nelson Mandela Bay de Porto Elizabeth non estaría a tempo para a Copa FIFA Confederacións 2009.Australia pode relevar a Suráfrica O 17 de xullo apareceu en distintos medios de comunicación que Brasil podía adiantar a súa sede en 2014 e realizar o mundial en 2010 e Suráfrica pasaría a organizar o mundial no 2014.
En calquera caso, o Mundial finalmente celebrarase en Suráfrica como estaba previsto, tal e como asegurou Joseph Blatter o 15 de decembro de 2008. Non só confirmou que o campionato se celebraría alí e que se descartou de maneira oficial calquera alternativa, senón que expresou publicamente a satisfacción que lle produce que se celebre este torneo por primeira vez en África.Suráfrica será a sede do Mundial, non hai plan B
Sedes En 2005, os organizadores do evento anunciaron unha lista previa de trece sedes para o evento: Xohanesburgo e Pretoria presentaron dúas, mentres que Bloemfontein, Cidade do Cabo, Durban, Kimberley, Nelspruit, Orkney, Polokwane, Porto Elizabeth e Rustenburg, unha. A lista foi reducida ás dez sedes definitivas, sendo anunciada pola FIFA o 10 de marzo de 2006. Cinco estadios, incluíndo o Soccer City (sede do partido de apertura e clausura) serían remodelados, dous estadios serían demolidos e reconstruídos, mentres o tres restantes serían estadios totalmente novos. Xohanesburgo Durban Cidade do Cabo Xohanesburgo Pretoria Soccer City Estadio Moses Mabhida Cape Town Stadium Ellis Park Loftus Versfeld Capacidade: 91.141 Capacidade: 70.000 Capacidade: 69.070 Capacidade: 62.567 Capacidade: 51.760 160px 180px 177px 177px Porto Elizabeth Bloemfontein Polokwane Rustenburg Nelspruit Estadio Nelson Mandela Bay Estadio Free State Estadio Peter Mokaba Estadio Royal Bafokeng Estadio Mbombela Capacidade: 48.000 Capacidade: 48.000 Capacidade: 46.000 Capacidade: 44.530 Capacidade: 43.589 200px 180px 200px 177px 200px
Mapa das sedes 500px|centro
Símbolos Zakumi
Zakumi é a mascota oficial deste mundial (creada o 16 de xuño de 1994). É un leopardo antropomórfico co cabelo verde, e o seu nome ven de "ZA", a abreviatura internacional para Suráfrica, e "kumi", unha palabra que significa dez en varias linguas africanas.A nova mascota do mundial Ademais as cores da mascota reflicten as cores da camiseta de Suráfrica (amarelo e verde) e as manchas teñen a forma do clásico pentágono dos balóns de fútbol.