Unha hiperligazón, ou simplemente ligazón, é unha referencia nun sistema de hipertexto que permite acceder automaticamente a un documento desde outro. Adóitanse empregar amplamente na World Wide Web para ir dunha páxina web a outra con tan só un clic. Normalmente as hiperligazóns diferéncianse facilmente nos textos porque aparecen subliñadas e/ou noutra cor; ademais, cando se coloca sobre eles, o punteiro do rato transfórmase nunha man. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas The Expert's Guide to Using Hyperlinks Hyperlink Project

Categoría:Internet