Gerd Binnig, nado en Frankfurt am Main o 20 de xullo de 1947, é un físico alemán que recibiu o Premio Nobel de Física en 1986 canda o seu colega da empresa Heinrich Rohrer por inventaren o microscopio de efecto túnel, que permite ver átomos individuais, obtendo unha imaxe moi precisa da superficie dun material.
Traxectoria Ao dez anos decidiu ser físico. A súa familia repartíase entre Frankfurt am Main e Offenbach, polo que asistiu a escolas de ambas as dúas cidades. En 1978 aceptou unha oferta de IBM para traballar con eles en Zürich. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1986, e seguiu a traballar no Laboratorio de Investigación de IBM en Zürich. Vida persoal
En 1969 casou coa psicóloga Lore Wagler, con quen ten unha filla nada en Suíza e un fillo en California.
Véxase tamén Ligazóns externas Autobiografía de Gerd Binnig
Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Premios Nobel de Alemaña