Os Cleveland Browns son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na cidade de Cleveland, Ohio. Forman parte da National Football League (NFL) como membros da American Football Conference (AFC) na súa División Norte. Actualmente xogan os seus partidos como local no FirstEnergy Stadium, recinto inaugurado en 1999 con capacidade para 67.431 espectadores, estando as súas oficinas e campos de adestramento en Berea, Ohio. As cores oficiais dos Browns son o marrón, o laranxa e o branco. Son a única franquía da NFL que non ten o seu escudo no casco e o único equipo cuxo nome procede dunha persoa específica, o seu primeiro adestrador Paul Brown.
A franquía foi fundada no ano 1945 polo empresario Arthur B. McBride e o adestrador Paul Brown, sendo un dos equipos fundadoras da All-America Football Conference (AAFC). Os Browns dominaron a AAFC, acadando un balance de 47 vitorias por catro derrotas e tres empates durante os catro anos que existiu a competición, gañando o campionato en todas as súas edicións. Cao desaparición da AAFC en 1949, os Browns uníronse á National Football League xunto cos San Francisco 49ers e os Baltimore Colts orixinais. Na súa primeira temporada na NFL os Browns conseguen gañar o título de campións, repetindo en 1954, 1955 e 1964, marcando un fito do deporte profesional norteamericano ao conseguir xogar a final do campionato en cada un dos seus primeiros dez anos de existencia. Desde 1965 até 1995 o equipo clasfícase en catorce ocasións para os playoffs, mais non consegue gañar ningún título nin xogar unha Super Bowl.
En 1995, o propietario Art Modell, dono da franquía desde 1961, anunciou a súa intención de trasladar o equipo a Baltimore, Maryland. Despois da amenaza por parte da cidade de Cleveland e dos seareiros de tomar medidas legais, chegouse ao acordo que permitiu a creación dos Baltimore Ravens: o equipo mentería os empregos dos xogadores e os traballadores en Baltimore e ademais o nome da franquía, as cores, os logos e a súa historia permenecerían na cidade até a creación dun novo equipo. Isto sucedería pouco tempo despois, cando en 1999 regresan os Browns como equipo de expansión. Desde a reanudación da actividade da franquía, os Browns so conseguiron finalizar dúas temporadas con máis vitorias que derrotas (2002 e 2007), xogando tan só unha vez os playoffs (2002).
Historia Os Cleveland Browns foron fundados e entraron en competición en 1946 como membro da All-America Football Conference (AAFC), uníndose á NFL cando a AAFC desapareceu. Ao longo da súa historia gañaron un total de oito equipos, catro da AAFC e outros catro da NFL (todos eles cando aínda non existía a Super Bowl). Conta tamén cunha tempada invicta cun balance de 15-0.
O equipo sufriu un período de inactividade entre 1996 e 1999 debido ao traslado da franquía a Baltimore. Non obstante, en 1998, coa expansión da NFL aos 32 equipos actuais, creouse un novo equipo en Cleveland que herdaría tanto o nome coma o seu historial, pasando o novo equipo de Baltimore a denominarse Baltimore Ravens, e comezando a súa historia dende cero.
Logo e uniformes Os Browns son o único equipo da National Football League que non posúe un logotipo de casco. De feito, a silueta dun casco sen ese escudo é o logo oficial da franquía. Entre 1957 e 1960 os xogadores levaron o seu número no casco, mentres que en 1965 creouse o logo "CB", o cal non chegou a ser utilizado. Así, durante a maior parte da súa historia o casco dos Browns ten sido un casco laranxa cunha liña marrón escuro vertical dividida por unha liña branca e sen ningún tipo de adorno. A pesar de non ter ningún logo o equipo si utilizou diferentes tipografías para representar ao equipo:
Estadio
miniatura|O FirstEnergy Stadium. Durante toda a súa historia os Cleveland xogaron os seus partidos como local en dous estadios diferentes, o Cleveland Stadium e o FirstEnergy Stadium. O primeiro deles fora inaugurado o 1 de xullo de 1931 como un dos primeiros estadios polideportivos estadounidenses, xa que tiña capacidade para albergar partidos de béisbol e de fútbol americano. De feito, foi sede durante décadas dos Cleveland Indians da Major League Baseball (MLB) alén dos propios Browns. O estadio acolleu eventos da importancia do All-Star da MLB en catro ocasións e dúas Series Mundiais (1948 e 1954). A capacidade do recinto era de 74.438 espectadores para béisbol, a maior das Grandes Ligas, e de 81.000 no caso do fútbol americano.
Tras moitos anos de servizo, en 1994 os Indians mudáronse ao Jacobs Field mentres que se anunciaron obras para remodelar o estadio. Con todo, os plans nunca se levaron a cabo o que provocou a marcha do equipo a Baltimore. Tras quedar sen uso o estadio foi demolido en 1996. Tres anos despois, en 1999, abriría o FirstEnergy Stadium con motivo da volta do equipo. Inaugurado co nome de Cleveland Browns Stadium, foi renovado en dúas fases en 2014 e 2015. O estadio, deseñado polas compañías HOK Sport, Robert P. Madison International, Inc. e Ralph Tyler Companies, tivo un custo de 1.300 millóns de dólares, sendo a súa propiedade correspondente á cidade de Cleveland. A capacidade inicial do estadio era de 73.200 espectadores, a cal foi reducida até os 67.431 tras as renovacións. O estadio está situado nun terreo de 13 ha situado á beira do Lago Erie no norte da cidade, moi cerca do Centro Científico dos Grandes Lagos e o Salón da Fama do Rock and Roll.
Xogadores Cadro actual
Membros do Hall of Fame Os Cleveland Browns son un dos equipos con máis membros no Pro Football Hall of Fame cun total de dezaseis xogadores electos pola súa contribuación á franquía e oito xogadores ou adestradores máis que pasaron polo menos un ano nela. miniatura|Leroy Kelly (1964–1973) miniatura|Jim Brown (1957–1965) Membros do Pro Football Hall of Fame dos Cleveland Browns Xogadores No. Nome Posición AnosIngreso No. Nome Posición Anos Ingreso 14 Otto Graham QB 1946–1955 1965 74 Mike McCormack OT1954–1962 1984 76 Marion Motley FB1946–1953 1968 52 Frank Gatski C1946–1956 1985 32 Jim Brown FB1957–1965 1971 18 Len Dawson QB1960–1961 1987 76 Lou Groza OT / K 1946–19591961–1967 1974 65 Chuck Noll RG / LB1953–1959 1993 86 Dante Lavelli WR1946–1956 1975 44 Leroy Kelly RB1964–1973 1994 80 Len Ford DE1950–1957 1976 72 Henry Jordan OT1957–1958 1995 60 Bill Willis T1946–1953 1977 44 Don Shula DB1951–1952 1997 87 Willie Davis DE1958–1959 1981 82 Ozzie Newsome TE1978–1990 1999 83 Doug Atkins DE1953–1954 1982 29 Tommy McDonald WR 1968 1998 49 Bobby Mitchell WR / RB1958–1961 1983 64 Joe DeLamielleure OG1980–1984 2003 42 Paul Warfield WR1964–19691976–1977 1983 66 Gene Hickerson OG1958–19601962–1973 2007 AdestradoresNomePosiciónsAnosIngresoPaul Brown Adestrador 1946–1962 1967 Forrest Gregg Adestrador 1975–1977 1977
Dorsais retirados miniatura|Lou Groza (1946-1959, 1961-1967) Ao longo da súa historia os Cleveland Browns retiraron formalmente cinco dorsais. Desde 1993 até 2013 o número 19 estivo retirado de forma non oficial na honra de Bernie Kosar. A excepción foi Frisman Jackson que o en 2004 até que as protestas dos fans fixeron que o mudase. En 2014 Miles Austin preguntou se podería lever o número, séndolle concedido permiso. Outra honra concedida polos Browns ao seus xogadores máis destacados é o Ring of Honor, onde os nomes dos homenaxeados figuran na cuberta alta do estadio. Os primeiros en recibir a honra foron os dezaseis antigos xogadores do club ingresados no Salón da Fama. Por último, é preciso destacar as dúas estatuas que fixo construír a franquía como homenaxe: a do propietario Alfred Lerner (fronte a sede administrativa do equipo) e a do running back Jim Brown (fronte o First Energy Stadium).
Dorsais retirados polos Cleveland Browns link= link= link= link= link= Otto Graham Jim Brown Ernie Davis Don Fleming Lou Groza
Corpo técnico Adestradores Incluído no Pro Football Hall of Fame como adestradorIncluído no Pro Football Hall of Fame como xogadorPasou toda a súa carreira de adestrador nos Browns miniatura|Estatua adicada a Paul Brown miniatura|Hue Jackson Nome Anos Temporada regular Playoffs Logros 1 Paul Brown 1946–1962 214 158 48 8 .767 14 9 5 .6434 Campión da AAFC (1946, 1947, 1948, 1949)3 Campión da NFL (1950, 1954, 1955)7 Campión de Conferencia da NFL (1950–55, 1957) 2 Blanton Collier 1963–1970 112 76 34 2 .691 7 3 4 .429 Campión da NFL (1964)4 Campión da Conferencia Leste (1964, 1965, 1968, 1969)3 Campión da División Century (1967,1968, 1969) 3 Nick Skorich 1971–1975 56 30 24 2 .556 2 0 2 .000 Campión da AFC Central (1971) 4 Forrest Gregg 1975–1977 41 18 23 0 .439 — — — — 5 Dick Modzelewski 1977 1 0 1 0 .000 — — — — 6 Sam Rutigliano 1978–1984 97 47 50 0 .485 2 0 2 .000 Campión da AFC Central (1980) 7 Marty Schottenheimer 1984–1988 71 44 27 0 .620 6 2 4 .333 8 Bud Carson 1989–1990 25 11 13 1 .458 2 1 1 .500 Campión da AFC Central (1989) 9 Jim Shofner 1990 7 1 6 0 .143 — — — — 10 Bill Belichick 1991–1995 80 36 44 0 .450 2 1 1 .500 11 Chris Palmer 1999–2000 32 5 27 0 .156 — — — — 12 Butch Davis 2001–2004 58 24 34 0 .414 1 0 1 .000 13 Terry Robiskie 2004 6 1 5 0 .167 — — — — 14 Romeo Crennel 2005–2008 64 24 40 0 .375 — — — — 15 Eric Mangini 2009–2010 32 10 22 0 .313 — — — — 16 Pat Shurmur 2011–2012 32 9 23 0 .281 — — — — 17 Rob Chudzinski 2013 16 4 12 0 .250 — — — — 18 Mike Pettine 2014–2015 32 10 22 0 .313 — — — — 19 Hue Jackson 2016–presente 16 1 15 0 .067 — — — —
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial dos Cleveland Browns