A lesma, lamagacha, limacha ou limaco é un molusco gasterópodo pulmonado, sen cuncha aparente. En realidade, as lesmas posúen un resto de cuncha, interno, formado por unha fina lámina calcaria baixo o escudo ou manto.

A súa aparencia é pegañenta e viscosa. As lesmas teñen hábitos semellantes aos dos caracois, aínda que se atopan sempre en lugares húmidos. Ao careceren de cuncha externa son máis vulnerábeis ó desecamento. Son moi comúns en bosques, campos e xardíns.

Alimentación A alimentación das lesmas é variada. Prefiren as follas e outros tecidos vexetais, pero tamén poden alimentarse de restos animais. Aliméntanse de noite e poden tomar ao día unha cantidade de alimento equivalente á metade do seu peso.

Reprodución miniatura|dereita|Lesma adulta rubindo por un terreo areoso en Bares. As lesmas son seres hermafroditas (un mesmo individuo presenta órganos sexuais femininos e masculinos) e caracterízanse polo feito de que, durante o seu desenvolvemento, a masa visceral sofre unha torsión, enrolándose sobre si mesma. Así, adoptan a forma espiral tan característica da cuncha dos caracois. Pon os ovos entre uns días e unhas semanas despois do acoplamento. Depositan unha cantidade comprendida entre 100 e 500 ovos nun burato.

A incubación ten unha duración variable, que depende das condicións climáticas, especialmente a temperatura. A 5 graos a incubación pode durar tres meses, mentres que a 20 graos dura tres semanas. Ao saír dos ovos apenas miden uns milímetros e o seu corpo é transparente. O período de vida depende das zonas e varía entre os 9 e os 18 meses.

Sinonimia Sendo lesma a forma máis estendidaConstantino García localízaa en Curtis, Toba Santa Comba, Compostela, Melide, Sober, O Grove e Verín. e estandarizada nos dicionarios de referencia, coñécese tamén baixo numerosas denominacións locais e variantes.

aligachaERG: Rúa de Petín. alimachaCGG: Guntín, Pedrafita, O Incio.AO2: Córneas.ERG: Láncara.ERQ: no Bierzo occidental, Páramo de Neira e arredores de Lugo. (tamén considerada como incorrecta) cornachaCGG: Pantón. cortaERG s. v. lesmia: Llámase también CORTA, porque por donde pasa deja la hierba y las hojas como segadas o cortadas. lagáchemaCGG: Feás, Razo, Laxe. laghartaERQ:Marín. lamachaAO2. lamáchegaCGG: Curtis; ERG; MVN, LCA. lamagachaCGG: Laxe, Santaia, Compostela. lamigochaERG, MVN. Valladares engade que lamigocha de concha designa o caracol. lemáchegaERG, LCA. lemegachaCGG: Sober. lermaCGG: Novefontes, Sober, O Grove. lermeCGG: Ramirás, Xunqueira de Ambía, Montederramo, Verín; AO2: Viñoás. lermiaCGG: Codeseda. lerneCGG: Porto (Zamora). lesmeCGG: A Gudiña, Vilardevós. lesmesCGG: Castrocaldelas. lesmiaCGG: Compostela, A Gudiña; ERG, GAL, VLQ, JCP, XLF. lezmaCGG: Dumbría, Monterroso. lezmeCGG: Pantón, A Gudiña, A Mezquita. leznaVR. lezne liermeCGG: Goián. ligacha limaJPC. limachaVCN, XER, GAL, ERG, AO2, MLP, VR. limáchegaERG, GAL, XER. limacoCGG: Cedofeita; VCN, XER. limiagoERG: Seoane. limigochaCGG: Novefontes; TdM:453; VR. lizmachaCGG: Guntín; ERGa: Lemos. llimacoAF: de Navia a Tapia (Asturias). lumachaCGG: Ferreira do Valadouro; AO2: Guerdiz. lumigachaCGG: Guitiriz, Friol.. lurmigachaCGG: Guntín. meligoxoCGG: Oirós. miligachaCGG: Caaveiro, Cabalar, Guitiriz; GAL; ERG:Parrochas. miligochaCGG: Melide; TdM:453; VR.|

Ademais, Martín Sarmiento recolleu "lesmea" e "lexma" dentro dunha lista de Nombres de sabandijas e insectos (en Catálogo de Voces y Frases de la Lengua Gallega, 1745), que non sabemos se se refiren a este mesmo animal. Tamén se recolle a forma castelá babosaCGG: Pantón, A Gudiña..

A lesma na cultura popular galega Os campesiños consideran as lesmas prexudiciais para o campo, e mátanas botándolles sal. Crese que, cando alguén se acerca a unha lesma, caga por ela.Leiro Lois, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo, Cambados 1986, 66.

Un tratamento popular contra as espullas consiste en untar as mans coa baba dunha lesma viva branca, nunca negra. Despois, crávase un paíño na lesma e espétase no chan. Cando seca o animal, curan as espullas. Tamén se usan para cura-los furunchos da xente e contra o erizo dos bois.Risco non dá máis información que permita identificar esta enfermidade dos bois pero co nome de mal do orizo desígnanse as chagas que se forman entre os pezuños por necrobacilose ou por cousa do gripo (é dicir, glosopeda).

Adiviñas Unha cousa cousiña,/ non ten óso nin osiña/ e pace coma unha marraquiña.GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: Adivinancero popular gallego. Taurus Ediciones. Madrid 1984. Unha señora/ vestida de negro,/ tórnalle os cochos,/ que ós cans non ten medo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

(AF) (LCA) (JPC) (CGG) (MLP) (VLQ) (XLF) (GAL) (AO2) (VR) (ERQ) (ERQ) Frampas III, en SANTAMARINA, A. (coord.): Diccionario de diccionarios, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 2004. (ERG) (MVN) (TdM) VARIOS (1933). Terra de Melide. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos. (XER) VARIOS (1986). Diccionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais. (VCN) SANJUÁN LÓPEZ, A. e outros (1991). Vocabulario das Ciencias Naturais. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Categoría:Gasterópodos