Benjamín García Diéguez, Largo, nado en Barbeitos (Negrelos, Rodeiro) en 1916 e finado en Pontevedra en 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Benjamín, coñecido como O Largo de Barbeitos, liderou un grupo de fuxidos nada máis estalar a guerra civil. Entre os seu membros figuraron Ramón Sánchez Areán e Salvador Gil Moure Carolo. Actuaban sobre todo na Serra do Faro. A Garda Civil feriuno e detívoo nun enfrontamento na Ponte (Pedroso) o 5 de novembro de 1939. Tras ser xulgado en Pontevedra e condenado á pena de morte, foi executado o 28 de agosto de 1940.
Véxase tamén Bibliografía Igrexas, Manuel: Fuxidos ou guerrilleiros. Os inicios da resistencia armada ao franquismo no Deza (2/9/2012) en Historias de Deza.
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Rodeiro Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos