miniatura|200px|Placa rememorativa na casa de Madrid na que viviu Gabriel Celaya ata o seu pasamento. Rafael Gabriel Juan Múgica Celaya Leceta Cendoya, comunmente coñecido coma Gabriel Celaya, nado en Hernani, Guipúscoa, o 18 de marzo do 1911 e finado en Madrid o 18 de abril do 1991, foi un poeta en lingua castelá, sobranceiro representante da poesía social dos anos 50 aínda que de moi variada traxectoria. A súa obra máis coñecida é Cantos íberos (1955). Foi Premio Nacional das Letras Españolas no 1986.

Traxectoria Inicia os seus estudos en Donostia, aínda que pasa tempadas en Pau e El Escorial. No 1928 trasládase a Madrid para emprender a carreira de Enxeñaría industrial e intégrase na bulideira vida intelectual da cidade, establecendo amizade con Federico García Lorca, Salvador Dalí ou Luis Buñuel.

No 1935 regresa a Donostia para empezar a traballar na empresa familiar. Alí sorpréndeo a Guerra Civil española; Celaya participa como voluntario no bando republicano chegando a ser capitán de gudaris en Biscaia. Tras o remate do conflito volve á empresa familiar onde desempeña o cargo de xerente.

Nos anos 40 comeza a publicar artigos no xornal donostiarra La Voz de España, ademais de participar na fundación da revista Egan e da colección de poesía Norte.

As continuas crises matrimoniais desembocan na ruptura definitiva no 1954. Dous anos máis tarde abandona o seu traballo e marcha a vivir a Madrid coa intención de vivir só da súa actividade poética, obxectivo que consegue. Empeza entón a súa etapa máis prolífica como poeta. Viaxa varias veces a Cuba na compaña do escritor cubano Nicolás Gullén.

Coa chegada da democracia comprométese coa política e preséntase como candidato polo Partido Comunista de España nas eleccións lexislativas do 1977. Tras o seu falecemento, as súas cinzas foron espalladas por Hernani e Donostia segundo os seus desexos.

Traxectoria poética Gabriel Celaya foi un poeta de traxectoria moi heteroxénea, malia que gran parte da súa sona bebe da súa etapa de poeta social comprometido coa mellora da realidade sociopolítica do tempo que lle tocou vivir. Con todo, é posible albiscar na súa obra unha serie de etapas.

As súas primeira obras (por exemplo, La soledad cerrada, 1947) teñen un marcado acento surrealista e vangardista, influenciado pola Xeración do 27. Pasa a continuación por unha breve época na que a súa lírica se aproxima ao existencialismo para axiña encetar unha longa etapa como poeta social, con libros como Cantos íberos (1955), auténtica manifestación de compromiso coa realidade histórica, e que supuxo, xunto co poemario de Blas de Otero Pido la paz y la palabra o punto de inflexión que marcou o cambio da poesía existencial á comprometida. Celaya expresa o seu desexo de chegar ao pobo, polo que emprega unha linguaxe clara, coloquial, preocupádose polos contidos moito máis que polos valores formais, en palabras do propio Celaya, escribir como quen respira. A inxustiza social, a alienación, o mundo do traballo e as arelas de liberdade e un mundo mellor son as temáticas recorrentes desta xeira.

Pero, igual que lle aconteceu a Blas de Otero, Gabriel acaba desenganándose da poesía como arma para cambiar o mundo. Sabe que, aínda que non queira, a poesía seguirá a ser sempre un xénero minoritario. Adéntrase entón nunha sorte de poesía épica, onde se enxerga unha preocupación polos valores lendarios vascos (Rapsodia éuskara, 1961) para finalmente realizar incursións na poesía experimental (Campos semánticos, 1971), conxugando ás veces esta experimentación coa denuncia social (El hilo rojo, 1977).

Nos seus últimos poemarios constátase unha preocupación cada vez maior pola historia ancestral e a poesía órfica, concibindo a actividade poética como vía de penetración nos misterios da historia e da existencia mesma.

Obra Poesía Marea del silencio, 1935 La soledad cerrada, 1947 Movimientos elementales, 1947 Tranquilamente hablando, 1947 Objetos poéticos, 1948 El principio sin fín, 1949 Se parece al amor, 1949 Las cosas como son, 1949 Deriva, Alicante, 1950 Las cartas boca arriba, 1951 Lo demás es silencio, 1952 Paz y concierto, 1953 Ciento volando (con Amparo Gastón), 1953 Vía muerta, 1954 Cantos iberos, 1955 Coser y cantar (con Amparo Gastón), 1955 De claro en claro, 1956 Entreacto, 1957 Las resistencias del diamante, 1957 Música celestial (con Amparo Gastón), 1958 Cantata en Aleixandre, 1959 El corazón en su sitio, 1959 Para vosotros dos, 1960 Poesía urgente, 1960 La buena vida, 1961 Los poemas de Juan de Leceta, 1961 Rapsodia eúskara, 1961 Episodios nacionales, 1962 Mazorcas, 1962 Versos de otoño, 1963 Dos cantatas, 1963 La linterna sorda, 1964 Baladas y decires vascos, 1965 Lo que faltaba, 1967 Poemas de Rafael Múgica, 1967 Los espejos transparentes, 1968 Canto en lo mío, 1968 Poesías completas, 1969 Operaciones poéticas, 1971 Campos semánticos, 1971 Dirección prohibida, 1973 Función de Uno, 1973 El derecho y el revés, 1973 La hija de Arbigorriya, 1975 Buenos días, buenas noches, 1978 Parte de guerra, 1977 Poesías completas (Tomo I-VI), 1977-80 Iberia sumergida, 1978 Poemas órficos, 1981 Penúltimos poemas, 1982 Cantos y mitos, 1984 Trilogía vasca, 1984 El mundo abierto, 1986 Orígenes / Hastapenak, 1990 Poesías completas, 2001-04 Ensaio El arte como lenguaje, 1951 Poesía y verdad, 1959 Juan Manuel Caneja, 1959 Exploración de la poesía, 1964 Castilla, a cultural reader (con Phyllis Turnbull), 1960 Inquisición de la poesía, 1972 La voz de los niños, 1972 Bécquer, 1972 Los espacios de Chillida, 1974 Lo que faltaba de Gabriel Celaya, 1984 Reflexiones sobre mi poesía, 1987 Ensayos literarios, 2009 Prosa Tentativas, 1946 Lázaro calla, 1949 Penúltimas tentativas, 1960 Lo uno y lo otro, 1962 Los buenos negocios, 1965 Memorias inmemoriales, 1980 Drama El relevo, 1963 Ritos y farsas. Obra teatral completa, 1985

Véxase tamén Bibliografía Lázaro, F. e Tusón, V. (1982) Literatura española, Ed. Anaya.

Ligazóns externas Páxina web dedicada a Gabriel Celaya O autor na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Premio Nacional das Letras Españolas Categoría:Nados en Hernani Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1991