O soño dunha noite de San Xoán (en ) é un filme de animación realizado en 2005 por Dygra Films, baseado na obra homónima de William Shakespeare. A película foi dirixida por Ángel de la Cruz e Manuel Gómez Santos e custou uns 6.000.000 de euros de produción.
A preestrea mundial tivo lugar na Coruña o 23 de xuño de 2005, e a estrea comercial o 1 de xullo de 2005.
Argumento Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Porén, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho.
Actores de dobraxe +PersonaxeActor/actriz orixinalActor/actriz de dobraxeElenaYolanda MateosMaría CastroLisandroGabino DiegoVictor MosqueiraDemetrioLuis BajoEvaristo CalvoTeseoJuan Antonio GálvezMiguel López VarelaBerbiquiJosé EscobosaManuel PombalTitaniaVictoria AnguloBeatriz GarcíaOberónJuan PeruchoMiguel PernasPerechoSara VivasCarolina VázquezMostazaCarmen Machi–FaenaEmma PenellaCarolina VázquezFrosiIsabel OrdazNora AbadCletaGemma CuervoMiriam AldreyVoces adicionaisIñaki Crespo, David García Vázquez, José Escobosa, Luis Marín, Carlos Ysbert i María Jesús Varona–
Produción Dirixido por Ángel de la Cruz e Manolo Gómez, o equipo de produción contou con máis de 400 persoas ao longo da vida do proxecto.ç
Recadación Segundo os datos do Ministerio de Cultura de longametraxes estreadas no ano 2005, a recadación desta película alcanzou os 788.303,97 euros con 173.769 espectadores, o que a converte na 24ª película nacional máis vista dese mesmo ano.
Notas
Véxase tamén Outros artigos O bosque animado (filme) O espírito do bosque'' Ligazóns externas Ficha en culturagalega.org
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Ángel de la Cruz Categoría:Filmes dirixidos por Manuel Gómez Santos Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego