José Manuel Antonio Lustres Rivas, nado en Ribeira o 14 de xaneiro de 1888 e asasinado en Redondela o 10 de novembro de 1936, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo do piloto de buque mercante José Lustres Gómez e de María Rivas Otero, trasladouse a Compostela para estudar medicina. Alí fixo amizade con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e participou nos faladoiros do Café Colón.

En 1906 comezou a colaborar en El Miño. En 1907 comezou tamén en Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa, e publicou tamén artigos na Gaceta de Galicia de Compostela. Foi director de El Heraldo Gallego.

En 1915 marchou a Madrid. Foi redactor de El Parlamentario e colaborou en España Nueva, España Libre e El Liberal. En 1918 volveu ao país e colaborou en La Concordia de Vigo ata 1922. En xullo dese ano dirixiu o semanario Acción Viguesa. O ano seguinte foi nomeado redactor xefe do xornal vigués Galicia. Diario de Vigo. Despois de deixar a redacción emigrou á Arxentina, aínda que seguiu a colaborar co xornal enviando crónicas daquel país. Dirixiu en Buenos Aires o semanario Galicia xunto con Joaquín Pesqueira en 1924. Regresou a Galiza e foi redactor en Faro de Vigo e noutros medios.

Logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido nas instalacións de Faro de Vigo e encarcerado na illa de San Simón. Foi asasinado o 10 de novembro de 1936, e o seu corpo sen vida apareceu no Alto da Concheira, na parroquia de Trasmañó, Redondela. Os seus restos descansan no Cemiterio de Pereiró.

Obra miniatura|300px|De pé, de esq. a der.: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez, Laureano Domínguez e Manuel Lustres. Sentados Jaime Solá, Manuel Otero e Blas Agra.Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.

Reuniu os seus ensaios no volume Pandemonium (1917) e publicou no folletón de La Correspondencia de España de Madrid a narración La fraticida. Porén, o teatro ocupou maior espazo na súa nómina de publicacións. En 1923 estreou en Vigo, en colaboración con Ramiro del Valle, a comedia en dous actos La hora grande. Con Ramón Fernández Mato estreou outra comedia, Peregrino de la ilusión.

En galego publicou artigos en xornais e revistas como A Nosa Terra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas David Paz Nóvoa: "O xornalista Manuel Lustres Rivas" blogspot.com 26/3/2008. Lustres Rivas no Dicionario de autores/as do Barbanza

Categoría:Xornalistas de Ribeira Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Xornalistas asasinados