miniatura|dereita|200px|Un seareiro surafricano sopra unha vuvuzela de plástico. A vuvuzela ou vuvucela, tamén chamada lepetata en lingua tsuana, é unha corneta de aproximadamente un metro de lonxitude, moi empregada no recintos deportivos de SuráfricaV is Vuvuzela , FIFA.com ..
Orixe Orixinalmente estaban feitas de estañoVuvuzela: SA football's beautiful noise , SouthAfrica.info . e popularizáronse en Suráfrica durante os anos 90, ata que en 2001 unha empresa comezou a comercializalas en material plástico.
A orixe do termo vuvuzela é discutido, existindo a teoría de que o termo provén do zulú "facer ruído", mentres que outra teoría sostén que deriva dun termo coloquial surafricano que significa "baño", xa que as vuvuzelas producen un "baño de son".
Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
As vuvuzelas adquiriron popularidade en todo o mundo despois da Copa das Confederacións 2009 e sobre todo no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, onde causaron polémica polo seu monótono zunido constante en tódolos partidosMondial: l'insupportable bourdonnement des vuvuzelas, Le Figaro .Vuvuzela drone killing World Cup atmosphere, Foxsoccer.com .. Numerosos comentaristas deportivos, así como adestradores e xogadores pediron a súa prohibiciónNothing kills the joy of soccer like a bunch of wailing vuvuzelas , Times Live ., ó que se negaron os organizadores da Copa do MundoLos organizadores reiteran que no quitarán las vuvuzelas, Europapress .. A propia FIFA pensara, despois da Copa das Confederacións de 2009, prohibilasFifa to discuss vuvuzela future, BBC ..
Un estudo determinou que pode ocasionar serios danos ó aparato auditivo das persoas debido ó elevado nivel da intensidade do son que emite. A modo de comparación, o motor dun avión en marcha xera 120 decibelios (dB), e no momento de engalar 130 dB. Unha vuvuzela alcanza 127 dB.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O twitter da vuvuzela. Toca virtualmente a vuvuzela.
Categoría:Instrumentos de vento Categoría:Mundial de Fútbol de 2010