Bernardino González Vázquez, nado en Frankfurt (Alemaña) o 29 de marzo de 1966, é un ex-árbitro de fútbol galego. Pertence ao Comité Galego de Árbitros de Fútbol, e arbitrou na Primeira División Española entre o 2001 e o 2010. Amais de árbitro é axente comercial, e reside en Ourense..

Traxectoria Logo de arbitrar en categorías inferiores, debutou na Primeira División de España o 16 de setembro de 2001 no Estadio Manuel Ruiz de Lopera, nun encontro entre o Real Betis e o Real Madrid. En 2005 acadou a escarapela FIFA, e nese mesmo ano arbitrou a final do Campionato Europeo de Fútbol sub-17 de 2005 celebrado en Italia, entre Turquía e Holanda.

A súa última tempada na Primeira División foi a 2009–10.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do árbitro en weltfussball.de

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes