William Alfred "Willie" Fowler, nado en Pittsburgh, EUA o 9 de agosto de 1911, finado en Pasadena o 14 de marzo de 1995, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1983.

Traxectoria Estudou física na Universidade Estatal de Ohio e conseguiu o doutoramento en física nuclear no Instituto Tecnolóxico de California.

A publicación en 1957 do seu artigo Synthesis of the Elements in Stars, realizado con Margaret Burbidge, Geoffrey Burbidge e Fred Hoyle, conseguiu explicar como a abundancia de todos os elementos químicos nas estrelas podían ser explicados polo proceso de nucleosíntese.

Fowler gañou o Henry Norris Russell Lectureship da Sociedade Astronómica Americana en 1963, a medalla Eddington en 1978, a medalla Bruce en 1979 e, finalmente en 1983, foi recoñecido co Premio Nobel de Física polos seus estudos sobre os procesos importantes na estrutura e evolución das estrelas, premio que compartillou co físico indio Subrahmanyan Chandrasekhar.

Véxase tamén Outros artigos Georgeanne R. Caughlan Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1983

Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Astrofísicos Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Ohio