Aegukka (do coreano: Canción do País Amado, 애국가) é o himno nacional da República Popular Democrática de Corea. Antes da división da península coreana, o himno era o que utiliza actualmente Corea do Sur.

Letra Coreano HanchaTransliteración de McCune-ReischauerTradución ao galegoQue o resplandor da mañá ilumine o ouro e a prata desta terra, Este mundo de riqueza natural. A miña bela patria. A gloria dun sabio pobo Levada nun resplandor cultural Cunha historia de cinco milenios de antigüidade. Déixanos ser devotos co noso corpo e mente De axudar a esta Corea por sempre.

A firme vontade, moldeada coa verdade Niño para o espírito do traballo, Embelecendo a atmosfera do Monte Paektu, Iremos cara adiante por todo o mundo. O país estabelecido pola vontade do pobo, abrazando as ondas con gran forza. Déixanos glorificar a esta Corea por sempre, Ilimitadamente rica e forte.

Véxase tamén Outros artigos Corea do Norte. Corea.

Ligazóns externas Arquivo MIDI Cantado polo Benemérito Coro do Exército Popular de Corea

Categoría:Himnos nacionais Categoría:Símbolos de Corea do Norte