miniatura|dereita|Lápida de Harold Acton
Harold Acton, nado en Villa la Pietra (Florencia) o 5 de xullo de 1904 e finado na mesma cidade o 27 de febreiro de 1994, foi un escritor anglo-italiano, famoso por inspirar o personaxe de Anthony Blanche da novela de Evelyn Waugh, Retorno a Brideshead (Brideshead Revisited) (1945).
Traxectoria Seu pai proviña dunha familia da aristocracia católica inglesa que viña residindo en Italia dende o século XVIII e a súa nai era filla dun millonario nortemericano, estudou en Eton e Oxford, en 1923 publica o seu primeiro poemario, Aquarium ao que segue en 1925, An Indian Ass, en 1926 regresa a Italia, pero desconforme coa política do réxime fascista viaxa a China en 1932, onde dá clases de inglés na Universidade de Pekín e traduce poemas e contos tradicionais chineses ao inglés, co comezo da segunda guerra mundial, regresa a Inglaterra e entra na Royal Air Force.
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Nados na provincia de Florencia