Os Atlanta Falcons son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede en Atlanta, Xeorxia. Os Falcons compiten na National Football League (NFL) como club membro da División Sur da National Football Conference (NFC). A franquía uniuse á NFL en 1965 como equipo de expansión despois de que a liga lle ofrecese un equipo a Rankin Smith para evitar que este se unise á entón competición rival: a American Football League (AFL). En troques, a AFL garatira unha franquía a Miami (os Miami Dolphins). Os Falcons están empatados cos Dolphins (tamén fundados en 1966) como franquía segunda franquía máis antiga do Deep South estadounidense, ambas despois dos Dallas Cowboys.
Durante toda a súa historia, os Falcons conseguiron gañar o título da súa división en seis ocasións: 1980, 1998, 2004, 2010, 2012 e 2016. Coa súa vitoria ante os Green Bay Packers en 2017, os Falcons gañaron o seu segundo título de conferencia, aínda que perderon na Super Bowl ante os New England Patriots. A súa primeira participación no partido final data da temporada 1998, ano no que perderon na edición XXXIII ante os Denver Broncos 34–19. O equipo xogou os seus partidos como local entre 1992 e 2016 no Georgia Dome, estadio situado no centro da cidade. A partir de 2017 os Falcons xogarán no Mercedes-Benz Stadium, recinto con capacidade para 71.000 espectadores.
Historia miniatura|esquerda|Matt Ryan. O fútbol profesional chegou a Atlanta en 1962, cando a American Football League (AFL) organizou na cidade dous partidos de pretemporada. O primeiro deles enfrontaba aos Denver Broncos contra os Houston Oilers, mentres que segundo aos Dallas Texans contra os Oakland Raiders. Dous anos máis despois, a AFL volveu celebrar outro amigábel, esta vez entre New York Jets e os San Diego Chargers. En 1965, despois da construción do Atlanta-Fulton County Stadium, a cidade de Atlanta sentía que era o momento de posuír un equipo de fútbol profesional. Un grupo independente que participara activamente nas promocións de exhibición da NFL en Atlanta, solicitou franquías tanto no AFL como na NFL, actuando completamente pola súa conta sen a garantía dos dereitos do estadio. Por outra banda, outro grupo informou que depositara diñeiro por un equipo na AFL.
Con todo o mundo pulando en diferentes direccións, algúns empresarios locais chegaron a un acordo e conseguiron unha franquía da AFL o 7 de xuño de 1965. Con todo, tras saber nova, o comisionado da NFL Pete Rozelle, que estivera en contacto cos empresarios de Atlanta, dirixiuse á cidade para bloquear a pretensión da liga rival. Debido ao interese de ambas competición en posuír un equipo na capital do estado de Xeorxia, obrigouse á cidade a escoller entre as dúas ligas. Tras uns días de deliveración, 30 de xuño escolleron a Rankin Smith e a NFL. En canto ao nome da franquía, o equipo recibiu o seu alcume grazas a Julia Elliott, unha mestra de escola de Griffin, así como moitas outras persoas. Elliot escribiu: "o falcón é orgulloso e digno, con gran coraxe e loita. Nunca deixa caer a súa presa. É mortal e ten unha gran tradición deportiva".
Tras a súa fundación o equipo non tivo grande éxito a nivel deportivo, de feito, até 1993, o equipo tan só xogara un total de seis partidos de playoff. Con todo, coa chegada a Atlanta de Dan Reeves en 1997, o equipo conseguiría un dos seus mellores resultados na historia. Reeves chega aos Falcons para substituír a June Jones. Xa na súa primeira temporada consegue mellorar cun balance de 7-9 o resultado do ano anterior, cando só gañaran tres encontro. Ao ano seguinte, o equipo supérase e os Falcons terminan a temporada regular cun balance de 14-2. Isto serve para clasificarse ás eliminatorias polo título, onde gañan na rolda divisional aos San Francisco 49ers por 20-18 e na final da conferencia nacional (NFC) aos Minnesota Vikings por 30-27, equipo que fora o mellor en temporada regular (15-1). Isto valeulles a clasificación á Super Bowl XXXIII, onde se tiñan que enfrontar aos vixentes campións, os Denver Broncos. Con todo, non conseguen a vitoria (34-19). Debido á súa gran temporada, Reeves foi nomeado Adestrador do Ano.
Na catro temporadas seguintes, os Falcons só se clasificaron a playoffs en 2002, onde gañaron aos Green Bay Packers na Rolda Wildcard (27-7), para despois perder fronte os Philadelphia Eagles (20-6). Entre 2008 e 2014, da man de Mike Smith o equipo chega a xogar en cinco partidos de playoff, aínda que conseguindo unha soa vitoria. En 2015, tras o período de Smith chegan a Atlanta Dan Quinn como novo adestrador e Kyle Shanahan como coordinador ofensivo Kyle Shanahan. Os resultados non se fan agardar e, en 2016, da man de xogadores como Matt Ryan ou Julio Jones o equipo chega de novo á Super Bowl. Polo camiño eliminaron os Seattle Seahawks (20-36) e aos Green Bay Packers (21-44). Na gran final enfrontáronse aos New England Patriots de Bill Belichick e Tom Brady, perdendo finalmente por 28−34 despois de ir gañando 28-3 a falta de 12 minutos para o final do encontro.
Xogadores Cadro actual
Membros do Hall of Fame miniatura|Deion Sanders (1989–1993) Sete persoeiros relacionados cos Atlanta Falcons foron incluídos no Pro Football Hall of Fame (do inglés: Salón da fama do fútbol americano profesional). Con todo, tan só Sanders e Humphrey foron seleccionados basicamente grazas á súa traxectoria no equipo. Membros do Pro Football Hall of Fame dos Atlanta Falcons Xogadores No. Nome Posición Anos Ingreso 25 Tommy McDonald WR 1967 1998 29 Eric Dickerson RB 1993 1999 21 Deion Sanders CB 1989–1993 2011 56 Chris Doleman DE 1994–1995 2012 87 Claude Humphrey DE 1968–1978 2014 4 Brett Favre QB 1991 2016 Adestradores e executivosNomePosiciónsAnosIngresoNorm Van Brocklin Adestrador 1968–1974 1971
Dorsais retirados Ao longo da súa historia os Packers retiraron formalmente catro dorsais. Dorsais retirados dos Atlanta FalconsNo.NomePosiciónAnos 10 Steve Bartkowski QB 1975–1985 31 William Andrews RB 1979–1983, 1986 57 Jeff Van Note C 1969–1986 60 Tommy Nobis LB 1966–1976
Ring of Honor miniatura|Gerald Riggs (1982−1988) A organización dos Atlanta Falcons homenaxea a algúns dos xogadores máis destacados da súa historia incluíndo o seu nome e número no Ring of Honor dos Falcons (do inglés: Anel de Honra), situado na zona intermedia das bancadas do Georgia Dome.
Ring of Honor dos Atlanta FalconsNo.NomePosiciónAnosIngreso 10 Steve Bartkowski QB 1975–1985 2004 21 Deion Sanders CB 1989–1993 2010 31 William Andrews RB 1979–1983, 1986 2004 42 Gerald Riggs RB 1982–1988 2013 57 Jeff Van Note C 1969–1986 2006 58 Jessie Tuggle LB 1987–2000 2004 60 Tommy Nobis LB 1966–1976 2004 78 Mike Kenn T 1978–1994 2008 87 Claude Humphrey DE 1968–1978 2008
Corpo técnico Adestradores miniatura|Dan Quinn. # Nome Período Temporada regular Playoffs Títulos PA V D E %V PA V D1Norb Hecker1966–1968314261.133 2Norm Van Brocklin 1968–19748937493.4303Marion Campbell1974–1976256190.2404 Pat Peppler 19769360.3335Leeman Bennett1977–19828746410.5294136Dan Henning1983–19866422411.349 –Marion Campbell1987–19894311320.2557Jim Hanifan19894040.0008Jerry Glanville1990–19936427370.4222119June Jones1994–19964819290.39510Dan Reeves1997–200310949591.454532 Campión da NFC (1998)11Wade Phillips20033210.66612Jim L. Mora2004–20064826220.54121113 Bobby Petrino 2007133100.23114Emmitt Thomas20073120.33315 Mike Smith 2008–201411266460.58951416 Dan Quinn 2015–3219130.594 Campión da NFC (2016)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial dos Atlanta Falcons
Categoría:Deporte en Atlanta