Jonathan Matías Urretaviscaya da Luz, nado en Montevideo o 19 de marzo de 1990, é un futbolista uruguaio que xoga de extremo. Actualmente milita no Pachuca de México.
Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística no River Plate uruguaio debutando no primeiro equipo en 2008. Tras só uns poucos partidos disputados foi fichado polo Benfica portugués. O 5 de xaneiro chega cedido ao Peñarol de Montevideo co que consegue o campionato nacional. En xuño de 2010 o Deportivo da Coruña chega a un acordo co Benfica para unha cesión dun ano con opción de compra. En xaneiro de 2011, Urreta volveu ao Peñarol en calidade de cedido.
Na tempada 2011–12 foi cedido ao Vitória de Guimarães.
Selección nacional Foi internacional coa selección sub-20 do Uruguai no Campionato Suramericano Sub-20 de 2009 disputado en Venezuela e na Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2009 disputada en Exipto.
Palmarés Benfica Liga de Portugal: 2009-10 Copa da Liga portuguesa: 2009-10
Peñarol Liga do Uruguai: 2009–10 Copa Libertadores: Finalista 2011
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en tenfieldigital.com Datos do xogador en zerozerofootball.com Datos do xogador en foradejogo.net Datos do xogador na páxina oficial do Deportivo
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Futbolistas olímpicos do Uruguai Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA River Plate (Montevideo) Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Vitória SC Categoría:Xogadores do FC Paços de Ferreira Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Uruguaios de ascendencia vasca Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012