O río Frexulfe sitúase no occidente do Principado de Asturias, desembocando no mar Cantábrico á altura do concello de Navia. Lingüisticamente é a fronteira máis oriental do galego, e polo tanto marca o límite entre o dominio lingüístico galego e os territorios de dominio asturleonés.

O río atravesa as poboacións de Piñeira (poboación de fala galega) e Polavieja (poboación de fala asturiana), e os seus afluentes principais son os ríos Monte e Villauril.

Frexulfe