Lionel Jospin, nado en Meudon o 12 de xullo de 1937 e finado en París o 23 de marzo de 2026, foi un político francés. Militante do Partido Socialista, foi primeiro ministro entre 1997 e 2002.
Traxectoria Membro do Partido Socialista Francés (PSF). En 1981 ocupou o cargo de primeiro secretario. Entre 1988 e 1992 foi ministro de Educación; nese período foi tamén o número dous nos Gobernos de Michel Rocard. Tras atravesar un período sen exercer cargos gobernativos, en 1994 anunciou a súa candidatura á Presidencia, contra Jacques Chirac e tras Jacques Delors abdicar de presentar a súa propia candidatura. Jospin perdeu as eleccións mais conquistou un 47,5% dos votos totais. Tras a derrota nas presidenciais, Jospin logrou unha vitoria nas lexislativas convocadas por Chirac de maneira anticipada, co cal Lionel Jospin ocupou o cargo de primeiro ministro de Francia polo Partido Socialista Francés, entre o 3 de xuño de 1997 e o 6 de maio de 2002.
Conformou un goberno de esquerdas, maioritariamente socialista pero tamén con ecoloxistas e comunistas, que actuou en "cohabitación" co presidente conservador Chirac. Sendo primeiro ministro implementou a xornada laboral de 35 horas semanais, a redución do mandato presidencial de 7 a 5 anos, a lei de igualdade de xénero na política e as unións civís,chamadas Pacto Civil de Solidariedade (PACS) e que abranguen tamén a persoas do mesmo xénero.
Retirouse da política logo de non pasar á segunda volta das eleccións presidenciais de 2002 quedando tras Jacques Chirac e Jean-Marie Le Pen, candidato da extrema dereita.
A familia anunciou o seu pasamento o 23 de marzo de 2026 tras non superar unha importante cirurxía nas semanas previas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O blog oficial de Lionel Jospin "Lionel Jospin, symbole de la gauche plurielle": Escolma de podcasts de Radio France sobre a súa traxectoria política (en francés) Lionel Jospin: unha biografía
Categoría:Primeiros ministros de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2026