miniatura|dereita|A árbore de Gernika. Gernika-Lumo é un concello vasco pertencente á provincia de Biscaia. Ten a súa orixe na unión da vila de Gernika e da elizate de Lumo en 1882. En 2017 tiña 16.915 habitantes.

Xeografía Gernika-Lumo atópase a 10 metros de altitude, na comarca de Busturialdea-Urdaibai, no val do río Oka, na beira da ría de Gernika que forma o Oka na súa desembocadura e que é o corazón da Reserva da Biosfera de Urdaibai. O relevo, sucesión de vales e montes que seguen a dirección NO-SL, está determinado estruturalmente polo anticlinal norte de Biscaia.

O concello limita ao norte con Forua, Kortezubi, Arratzu e Nabarniz, ao leste con Ajangiz, ao sur con Muxika e ao oeste con Errigoiti.

Historia e características

O 26 de abril do 1937, no transcurso da guerra civil española, a vila foi bombardeada pola Lexión Cóndor, unidade aérea da Luftwaffe ao servizo do bando fascista, causando 126 vítimas mortais. Este feito inspirou ao pintor Pablo Picasso o seu famoso cadro Guernica.

Entre os seus monumentos cómpre salientar a Árbore de Gernika, carballo a carón da Casa de Xuntas de Gernika, que simboliza as liberdades dos vascos e baixo o cal xuran os seus cargos os Lehendakaris do goberno vasco. Ao primeiro exemplar, cuxas primeiras referencias se remontan ao século XIV, sucedéronlle outras tres árbores. O exemplar, que sobreviviu ao bombardeo da guerra civil, morreu o 20 de abril do 2004 aos 146 anos de idadeNova da morte da árbore de Gernika aparecida en www.cooperativa.cl, sendo substituído por un fillo seu o 25 de febreiro do 2005.

Demografía

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do concello de Gernika-Lumo

Categoría:Localidades do Camiño do Norte