Debuxos de negros é o título dunha serie de doce láminas que Castelao debuxara durante a súa estancia en Cuba a finais de 1938 e primeiros de 1939, cando residía en Nova York. Están asinados en 1939.

Nove das láminas da serie recollen figuras de músicos, individuais ou en grupo, bailarinas e comparsas dos carnavais de Cuba. Outra representa un vendedor de lotería, outra un negro no inverno neoiorquino (Negriño en Nueva York), debuxada -ou esbozada- nesta cidade, e outra unha muller e un meniño de claros riscos orientais, probablemente tamén creada en Nova York Este último debuxo está exposto no Museo de Pontevedra separado dos outros once, como se non formase parte da mesma carpeta..

Todos eles están realizados a augadas de tinta chinesa sobre papel, con medidas que oscilan entre os 30x22 e os 35x43 cm, e consérvanse no Museo de Pontevedra. Domingo García-Sabell, en 1970, describíaos así:

Notas

Véxase tamén Bibliografía , Xosé Manuel: A obra de Castelao no Museo de Pontevedra. Guía didáctica, Pontevedra 1999.

Ligazóns externas Colección do Museo de Pontevedra

Categoría:Obras pictóricas de Castelao Categoría:Museo de Pontevedra