Para a película, vexa Starsky & Hutch.
Starsky & Hutch (en galego: Starsky e Hutch) foi unha serie de televisión estadounidense que consistiu en 92 episodios regulares de 48 minutos e un episodio piloto de 90 minutos de duración, creada por William Blinn e emitida entre o 30 de abril de 1975 e o 15 de maio de 1979 na cadea ABC. Foi dirixida por Jack Starrett (baixo o nome de Claude Ennis Starrett Jr.), quen máis tarde dirixiu Os Duques de Hazzard (1979), unha serie dalgunha forma similar.
Sinopse Os protagonistas eran dous policías californianos, o moreno David Starsky coma o musculoso e temperamental condutor e o rubio "Hutch" Hutchinson de carácter máis tranquilo e levando o rol de intelectual. Eran coñecidos por manexar un rápido Ford Torino, pintado de vermello cunha longa franxa branca. O seu xefe era o capitán Harold Dobey e o seu contacto nas rúas era Huggy Bear.
En 1977, unha crecente preocupación sobre a violencia en televisión obrigou os guionistas a cortar escenas de acción a cambio de historias máis románticas. Isto contribuíu a que caese a popularidade da serie, que en dous anos foi cancelada. Un cuarto de século despois, fíxose unha película baseada na serie en 2004 protagonizada por Ben Stiller e Owen Wilson, cun ton moito máis cómico e contando con cameos dos actores orixinais da serie.
Ficha técnica País: Estados Unidos Ano: 1975-1979 Xénero: Acción Idea orixinal: William Blinn Produción executiva: Aaron Spelling, Leonard Goldberg Dirección: Jack Starrett
Protagonistas Paul Michael Glaser: Detective David Michael Starsky David Soul: Detective Kenneth Hutchinson Bernie Hamilton: Capitán Harold Dobey Antonio Fargas: Huggy Bear
Guía de episodios
Serie piloto (1975)
Starsky e Hutch (Starsky and Hutch)
Primeira temporada (1975-76)
Domingo Salvaxe (Savage Sunday) O texano (Texas Longhorn) Paseo mortal (Death Ride) Tormenta de neve (Snowstorm) O Apuro (The Fix) Aviso de Morte (Death Notice) Paria (Pariah) Maten a Huggy Bear (Kill Huggy Bear) O Cebo (The Bait) A dama Azul (Lady Blue) Capitán Dobey, Vostede está Morto (Captain Dobey, You're Dead!) Terror nos peiraos (Terror on the Docks) Impostor Mortal (The Deadly Impostor) Conflito Armado (Shootout) Os Reféns (The Hostages) Liña Perdedora (Losing Streak) Silencio (Silence) O Tigre de Omaha (The Omaha Tiger) JoJo (Jojo) En Marcha (Running) Un Ataúde para Starsky (A Coffin for Starsky) Cazador de Recompensas (The Bounty Hunter)
Segunda temporada (1976-77)
O Estrangulador de Las Vegas - Parte 1 (The Las Vegas Strangler - Part 1) O Estrangulador de Las Vegas - Parte 2 (The Las Vegas Strangler - Part 2) Asasinato no Mar - Parte 1 (Murder at Sea - Part 1) Asasinato no Mar - Parte 2 (Murder at Sea - Part 2) Gillian (Gillian) Luz Nocturna (Bust Amboy) O Vampiro (The Vampire) O Especialista (The Specialist) Academia de baile(Tap Dancing Her Way Right Back Into Your Hearts) O Monstro (Vendetta) Pesadelo (Nightmare) Mike de ferro (Iron Mike) A Meniña Perdida (Little Girl Lost) Baño de Sangue (Bloodbath) O Psíquico (The Psychic) A Estruturación - Parte 1 (The Set-Up - Part 1) A Estruturación - Parte 2 (The Set-Up - Part 2) Supervivencia (Survival) A noiva de Starsky (Starsky's Lady) Huggy Bear e o Turco (Huggy Bear and the Turkey) O Comité (The Committee) A Selva Aveludada (The Velvet Jungle) Longo Paseo (Long Walk Down a Short Dirt Road) Asasinato no plató 17 (Murder on Stage 17) Starsky e Hutch Son Culpables (Starsky and Hutch Are Guilty)
Terceira temporada (1977-78)
Starsky e Hutch na Illa de Playboy - Parte 1 (Starsky & Hutch on Playboy Island - Part 1) Starsky e Hutch na Illa de Playboy - Parte 2 (Starsky & Hutch on Playboy Island - Part 2) Encanto Fatal (Fatal Charm) Ámote, Rosey Malone (I Love You, Rosey Malone) Pavillón do crime (Murder Ward) Morte nun Lugar Diferente (Death in a Different Place) O Neno que chora (The Crying Child) Os Heroes (The Heroes) A Praga - Parte 1 (The Plague - Part 1) A Praga - Parte 2 (The Plague - Part 2) O Coleccionista (The Collector) Rapaz nas ruas (Manchild on the Streets) A Acción (The Action) O Peso pesado (The Heavyweight) Un Corpo ten Valor (A Body Worth Guarding) A Trampa (The Trap) As Bruxas de Satanás (Satan's Witches) Unha Clase de Crime (Class in Crime) Hutchinson asasinato en primeiro grao (Hutchinson: Murder One) Muller Raposa (Foxy Lady) Compañeiros (Partners) Crimes con disfrace (Quadromania) Deckwatch (Deckwatch)
Cuarta Temporada (1978-79)
Discomania (Discomania) O Xogo (The Game) Venda (Blindfold) Final con foto (Photo Finish) A destileria (Moonshine) Xustiza Estraña (Strange Justice) O Vingador (The Avenger) Caspa (Dandruff) Negro e Azul (Black and Blue) O Admirador (The Groupie) Rapaza de Tapa (Cover Girl) O irmán de Starsky (Starsky's Brother) Anxo Dourado (The Golden Angel) Balada para unha Dama Azul (Ballad for a Blue Lady) Paxaros dunha Pluma (Birds of a Feather) Noventa Libras de Problemas (Ninety Pounds of Trouble) Huggy non Pode Regresar (Huggy Can't Go Home) Brancos Sen unha Insignia - Parte 1 (Targets Without a Badge - Part 1) Brancos Sen unha Insignia - Parte 2 (Targets Without a Badge - Part 2) Brancos Sen unha Insignia - Parte 3 (Targets Without a Badge - Part 3) Starsky Vs. Hutch (Starsky vs. Hutch) Doce Vinganza (Sweet Revenge)
Véxase tamén Ligazóns externas Categoría no ODP .
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1975 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1979 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da ABC