Virxinia Pereira Renda, nada na Estrada o 19 de outubro de 1884 e finada en Madrid o 23 de decembro de 1969, foi a muller de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Traxectoria Era filla de Camilo Pereira Freijenedo (Ourense) e Peregrina Renda López (Pontevedra), unha familia acomodada da Estrada.
Coñeceu a Castelao namentres este estudaba Medicina en Santiago, cara a 1909, e casounos o seu amigo Antonio Rey Soto, o 19 de outubro de 1912, na igrexa parroquial da Estrada (San Paio).El Correo gallego : diario político de la mañana: Año XXXV Número 11471 22/10/1912. Contrajeron matrimonio en la villa de La Estrada, el genial caricaturista D. Alfonso Rodríguez Castelao y la bella señorita Virginia Pereira. Tiveron un único fillo, Afonso Xesús, nado o 30 de xaneiro de 1913 e morto con apenas 15 anos de idade, o 3 de xaneiro de 1928,Necrolóxica de Alfonso R. Castelao Pereira a consecuencia dunha peritonite. miniatura|200px|Virxinia e o fillo, Alfonso Xesús.
Existe en Buenos Aires un colectivo de mulleres galegas na emigración, nomeada Herbas de Prata, que concede un recoñecemento co nome de Virxinia Pereira, co obxectivo de homenaxear o traballo anónimo das mulleres galegas que co seu labor privado contribuíron ao desenvolvemento das súas familias e souberon sementar neles o amor e o respecto pola súa orixe galega"Herbas de Prata busca dúas galegas sobranceiras para o día da muller", post no blog De mujeres y mujeres en la historia, 22 de febreiro de 2009..
Segundo unha revista editada polo Centro Cultural del Partido de La Estrada (de Buenos Aires) en 1986, os restos mortais de Virxinia Pereira e do seu fillo Afonso foron trasladados ese ano ó cemiterio de Figueiroa, na Estrada.
Recoñecemento O Concello de Pontevedra propuxo en 2020, e aprobou en 2021, dedicarlle unha rúa co nome de "Avenida Virxinia Pereira Renda", ata entón nomeada "Xoán Carlos I".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Paz Andrade, Valentín (1982). Castelao na luz e na sombra, Ediciós do Castro, Sada. Ligazóns externas Virxinia Pereira Renda na páxina web Tabeirós Montes Unión Estradense Buenos Aires. Debuxo de Castelao da súa voda Museo Provincial de Pontevedra Epistolario entre o avogado Paz Andrade e Virxinia Pereira, Consello da Cultura Galega.
Categoría:Castelao Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1969