O Rayo Vallecano B é o equipo filial do Rayo Vallecano. Fundado en 1973, actualmente xoga na Terceira División RFEF. Xoga de local na Ciudad Deportiva Rayo Vallecano.
Historia O filial do Rayo Vallecano naceu en 1973 coa intención de formar unha canteira de xogadores para o Rayo e fomentar o deporte base en Vallecas.
O equipo chegou a Terceira División na tempada 1988-89, e desde entón permaneceu na mesma categoría de forma ininterrompida, mantendo posicións intermedias na táboa. Ata que na tempada 09/10, logo dunha tempada incrible, e grazas a un gol de Gazapo no último minuto de desconto ante o L'Hospitalet na fase de ascenso a Segunda B, logrouse o 1-1 final que daría paso a unha cita histórica para a canteira do Rayo Vallecano logrando o ascenso da súa filial á Segunda División B do fútbol español. A súa principal función é servir de canteira para o primeiro equipo e forxar novos xogadores.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta branca cunha franxa vermella en diagonal, pantalón branco e medias negras. Uniforme alternativo: Camiseta negra cunha franxa vermella en diagonal, pantalón negro e medias negras. Terceiro uniforme: Camiseta azul cunha franxa vermella en diagonal, pantalón rosa e medias negras. Marca deportiva: Patrick
Estadio O equipo filial xoga os seus partidos no campo Nuestra Señora de la Torre de Vallecas, con capacidade para 2.500 persoas e céspede artificial.
Datos do club Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 1 Tempadas en 3ª: 21 Debut en 2ªB: 2010-11 Debut en 3ª: 1988-89 Mellor posto na liga: 1º en Terceira (tempada 2009-10) Posto na Clasificación histórica de filiais: 28º
Xogadores Cadro 2009/10 Actualizado a 2 de febreiro de 2010.
Palmarés Terceira División de España (1): 2009-10
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Rayo Vallecano Rayo Categoría:Rayo Vallecano