Butthole Surfers é unha banda estadounidense de rock alternativo fundada polo vocalista Gibby Haynes e os guitarristas Paul Leary e Jonathan Grisham en San Antonio, Texas no ano 1981. O grupo tivo varios cambios na súa composición, pero o seu núcleo, formado por Haynes, Leary e o batería King Coffey, leva xunta dende 1983. Teresa Taylor foi segunda batería entre 1983 e 1985, 1986 e 1989, e no ano 2009. Pola banda pasaron varios baixistas, destacando entre eles Bill Jolly e Jeff Pinkus.Azerrad, Our Band, p. 289Lieck, "Reissuing the Butthole Surfers: Tongue-in-Cheek Terror", Austin Chronicle vol. 18 Nº 52

Coas súas raíces na escena hardcore punk dos 80, Butthole Surfers rapidamente se fixo coñecida polos seus directos caóticos, o seu humor negro e un son que incorporaba elementos da psicodelia, o noise, o punk rock e, posteriormente, da electrónica.

Aínda que respectados polos seus iguais e cunha devota base de fans, Butthole Surfers tivo moi pouco éxito comercial, ata a publicación en 1996 de Electriclarryland.Azerrad, Our Band, p. 274-311 O álbum contiña o exitoso sinxelo "Pepper", o cal chegou ao número 1 da lista da Billboard Modern Rock Tracks ese ano.

Historia

Formación Butthole Surfers formouse na Trinity University en San Antonio, Texas a finais dos anos 70, cando os estudantes Gibson "Gibby" Haynes e Paul Leary Walthall (despois Paul Leary) coñecéronse. Aínda que foi a súa estrañeza xeral e o gusto compartido pola música non convencional o que fixo que se volvesen amigos, ámbolos dous semellaban dirixirse cara carreiras convencionais. Haynes foi o capitán do equipo de baloncesto da Trinity, e foi o "Contable do ano" da universidade, e pouco despois de graduarse conseguiu traballo nunha respectada empresa de contabilidade de Texas, mentres que Leary permaneceu na universidade traballando no seu mestrado en administración de negocios.Azerrad, Our Band, p. 276

En 1981, Haynes e Leary publicaron a revista Strange V.D., que contiña fotos de doenzas médicas pouco comúns, xunto con explicacións ficticias e humorísticas de enfermidades.Morthland & Patoski, "Feeding the Fish: An Oral History of the Butthole Surfers", SPIN. Tras ser collido cunha desas imaxes no traballo, Haynes deixou a empresa onde traballaba e mudouse ao sur de California. Leary, ao que só lle faltaba un semestre para conseguir o seu título, deixou a universidade e seguiu os pasos de Haynes. Tras un breve período de tempo vendendo roupa feita a man coa imaxe de Lee Harvey Oswald, a parella regresou a San Antonio, e iniciou a banda que posteriormente sería Butthole Surfers.Azerrad, Our Band, p. 277

Primeiros anos Haynes e Leary realizaron o seu primeiro concerto en 1981 nun club nocturno de San Antonio, The Bonham Exchange; nese momento aínda non bautizaran o grupo como "Butthole Surfers". En 1982 banda estaba acompañada pola sección rítmica composta polos irmáns Quinn (baixo) e Scott Mathews (batería). A banda non conseguiu seguidores en San Antonio e mercou unha furgoneta para regresar a California ese verán.

Nun un breve concerto no club Tool and Die de San Francisco estaba presente o líder de Dead Kennedys e xefe do selo Alternative Tentacles, Jello Biafra, converténdose nun fervente fan do grupo.Azerrad, Our Band, p. 277-278 Biafra invitounos para abrir a Dead Kennedys e T.S.O.L. no Whisky a Go Go nos Ánxeles, e pouco despois fíxolles unha oferta que lanzaría a súa carreira discográfica; se podían conseguir a alguén que lles deixase tempo nun estudio, Alternative Tentacles pagaría ese tempo cando o álbum estivese completo. A banda regresou a San Antonio para gravar nos BOSS Studios (tamén coñecidos como Bob O'Neill's Sound Studios, ou The Boss). Porén, os irmáns Mathews non entraron no estudio con Haynes e Leary; os dous deixaron o grupo tras un altercado físico entre Scott Mathews e Haynes. A posición do baixo foi ocupada por Bill Jolly, que tocaría nos seguintes dous lanzamentos de Butthole Surfers. Nas gravacións participaron varios baterías, sendo o derradeiro deles King Coffey (Jeffrey Coffey), que continúa sendo o batería da banda no presente.Azerrad, Our Band, p. 278

O EP resultante das gravacións, Butthole Surfers (tamén coñecido como Brown Reason to Live e Pee Pee the Sailor), foi publicado por Alternative Tentacles en xullo de 1983, con cancións con títulos provocativamente absurdos como "The Shah Sleeps in Lee Harvey's Grave" e "Bar-B-Q Pope", cantadas alternativamente por Haynes e Leary (Haynes converteríase no vocalista principal coa chegada do seu primeiro álbum). A portada do EP, como as moitas ilustracións estrañas que acompañaron ao exitosos traballos dos Surfers, foi deseñada pola propia banda.Azerrad, Our Band, pp. 275, 288, 294 Cheo de humor, Butthole Surfers sentou as bases do que chegaría. O EP influenciou ao futuro líder de Nirvana Kurt Cobain, listándoo entre os seus dez álbums favoritos nos seus Journals.Cobain, Journals Posteriormente Cobain listou o EP como un dos 50 álbums máis influentes para o son de Nirvana, e o propio Cobain coñecería á súa futura muller, Courtney Love, nun concerto de Butthole Surfers/L7 en 1991.Kelly, "Kurt and Courtney Sitting in a Tree", Sassy miniatura|Gibby Haynes en 1984 Pouco despois do lanzamento de Butthole Surfers, a banda recrutou un segundo batería, Teresa Nervosa (nada Teresa Taylor), que tocara con Coffey en varias bandas marciais de nstitudos das áreas de Fort Worth e Austin.Leland & Robbins, "Butthole Surfers biography", Trouser Press Ela e Coffey tocarían ao unísono ou por separado con kits de pé, sumando un novo elemento ao espectáculo ao vivo dos Surfers, sempre en constante evolución. Aínda que Nervosa e Coffey repetidamente se referían a eles mesmos como irmáns, revelouse que só o facían debido ás súas semellanzas e non porque realmente tivesen algunha relación familiar.Leland & Robbins, "Butthole Surfers biography", Trouser PressAzerrad, Our Band, p. 280 Coa chegada de Nervosa estableceuse o núcleo da "formación clásica" da banda. Coa excepción de distintos baixistas e dos meses sabáticos que tomou Nervosa entre 1985 e 1986, esta formación permaneceu inalterada ata a marcha final da batería en 1989.Azerrad, Our Band, p. 280-309 No ano 2008 regresou brevemente, sendo anunciada como "Teresa Taylor".

En 1984 a banda regresou aos BOSS Studios e gravou suficiente material para encher dous álbums. O grupo ofreceulle orixinalmente os dous a Alternative Tentacles, sendo o primeiro deles Psychic... Powerless... Another Man's Sac. Porén, antes de lanzarse algún dos dous traballos, Alternative Tentacles tiña que mercarlle as cintas máster a Bob O'Neill, dono dos BOSS Studios. O'Neill negouse a liberalas ata que lle pagasen as sesións, pero Alternative Tentacles non tiña cartos suficientes para pagarlle inmediatamente. Tras meses de espera a banda lanzou en setembro de 1984 o álbum ao vivo Live PCPPEP a través de Alternative Tentacles, debido a que estaban economicamente desesperados. O disco estaba formado principalmente por interpretacións de temas do seu primeiro traballo, o que fixo que moitos críticos e fans bromearan con que editaran dúas veces o mesmo disco. Mentres tanto, Bob O'Neill estaba preparando o lanzamento de Psychic... a través do seu propio selo Ward 9 para recuperar os seus gastos.Paytress, "The Butthole Surfers: Mark Paytress Unravels the Career of the Cult American Band", Record Collector No. 114

A lenda medra Con algúns membros limpando pratos, o grupo non estaba contento co feito de que álbum fose ser lanzado por Ward 9. Terry Tolkin, un amigo da banda e o seu axente de reservas na costa leste, fichou á banda polo selo de Corey Rusk Touch and Go Records de Detroit. Psychic... Powerless... Another Man's Sac publicouse finalmente en decembro de 1984.Azerrad, Our Band, p. 292 Sobre a base do seu primeiro EP, a banda fixo da psicodelia a parte máis importante do son deste álbum, aproveitando ao máximo a edición de cintas, usando instrumentación non tradicional, e realizando modulación de son, un elemento que definiría as súas gravacións de estudio.

Xusto antes do lanzamento de Psychic..., e co novo baixista Terence Smart (o primeiro de moitos ata 1986), a banda iniciou a súa primeira xira nacional. Foi nesta xira onde realmente estableceron a súa presenza a nivel estatal, comezando na sede de Touch and Go en Detroit antes de dirixirse á cidade de Nova York, onde impresionaron aos membros de Sonic Youth, ademais do membro de Shockabilly (e futuro baixista de Butthole Surfers) Kramer. Posteriormente cruzaron o país durante varios meses, incluído un concerto en Seattle, onde Kim Thayil, futuro guitarrista de Soundgarden, fíxose fan. En San Francisco, xa ao final da xira, sen ningún sitio no que vivir, a banda decidiu como colectivo mudarse a Winterville, unha pequena vila nas aforas de Athens, Xeorxia, onde admitiron ter tido como pasatempo asexar aos membros de R.E.M. Supostamente planearon deixar unha furgoneta aparcada fronte a casa de Michael Stipe, co texto "Michael Stipe/Despite the Hype/I Still Wanna Suck/Your Big Long Pipe" pintado nun lateral. Smart marchou tras namorarse dunha amiga da banda, e Trevor Malcolm, un músico canadense Canadian recomendado por Touch and Go, substituíuno no baixo.Azerrad, Our Band, p. 291-292

Cando a banda volveu a xirar corrérase a voz sobre os seus bizarros concertos, facendo que as súas audiencias fosen cada vez maiores. Pouco despois da chegada de Malcolm o grupo filmou dous concertos que quedaron para a posteridade no club Traxx de Detroit. Algunhas desas imaxes publicáronse como Blind Eye Sees All, o seu único vídeo oficial ata a data. Nesa época Butthole Surfers mercou a súa primeira gravadora de 8 pistas coa que rexistraron dúas cancións que despois usaron na cara A do EP Cream Corn from the Socket of Davis.

Malcolm marchou a mediados de 1985 descontento pola vida na banda.Azerrad, Our Band, p. 295 Un amigo do grupo de Athens, Juan Molina, tocou durante unha breve xira polos Estados Unidos, pero non estaba interesado en ser membro permanente da banda. Sen un baixista permanente e achegándose rapidamente a súa primeira xira europea, contactaron con Kramer, que accedeu a unirse ao grupo.Azerrad, Our Band, p. 295 Mentres tanto, o seu segundo álbum, que fora enviado a Alternative Tentacles como Rembrandt Pussy Horse, aínda estaba no limbo. As razóns das accións de Alternative Tentacles non están claras, pero sábese que o selo atrasou unha decisión durante un ano antes de negarse finalmente a publicalo.Paytress, Record Collector No. 114 Mentres agardaba, a banda publicou o EP de catro temas Cream Corn from the Socket of Davis a través de Touch and Go a finais de 1985. Cando Alternative Tentacles finalmente decidiu non publicar o álbum, o grupo regresou ao estudio Kramer's Noise de Nova York para gravar dúas cancións novas para substituír a "Two Part" e "Tornadoes", que orixinalmente eran para Rembrandt... antes de aparecer na cara B do EP Cream Corn... miniatura|Jeff Pinkus foi o baixista máis lonxevo da banda, tocando dende ao redor de 1987 ata 1994 Tras a xira europea houbo máis axitación na banda cando Nervosa marchou no Nadal de 1985. Ela estaba cansa das condicións de vida asociadas ás xiras constantes e desexaba estar coa súa familia. Kytha Gernatt, que foi bautizada pola prensa como Cabbage Gomez Jr., substituíu a Nervosa. Cabbage tocara anteriormente con Kathleen Lynch (tamén coñecida como Kathleen, ou Ta-Da the Shit Lady) na banda Easturn Stars; Lynch fíxose famosa como a infame bailarina núa de Butthole Surfers dende 1986 ata 1989. Kramer tamén marchou durante ese período e foi substituído por Jeff Pinkus, sendo o baixista da banda ata 1994.Azerrad, Our Band, p. 299