Las Hurdes (Las Jurdis en estremeño) é unha comarca pertencente á provincia de Cáceres, ao pé da serra de Gata. Ocupa 471 km² de extensión, e ten unha poboación escasa e decrecente.

Distínguense Las Hurdes Altas, zona en xeral abrupta e con poucas hortas, e Las Hurdes Bajas, máis ricas e con máis cultivos e poboacións (como Pinofranqueado e Caminomorisco).

Las Hurdes foi unha das comarcas menos avanzadas de España, subdesenvolvida economicamente. Presenta poucos servizos e a súa poboación, xa escasa, viuse obrigada a emigrar. Na actualidade presenta melloras de comunicación. Fíxose famosa como exemplo da pobreza estrema en España despois do filme de Luis Buñuel Las Hurdes, tierra sin pan.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pinofranqueado Caminomorisco Nuñomoral Casares de las Hurdes Ladrillar Casar de Palomero

Ligazóns externas Web da Mancomunidad de Las Hurdes

Categoría:Comarcas de Estremadura