Vantroi é un grupo de rock nado en México en 1992. Durante máis de 10 anos deron concertos por todo México, e tamén percorrerón a xeografía española xunto a bandas como Rosendo, Reincidentes, Boikot, Soziedad Alkoholika, Extremoduro, Ska-p etc. Participaron en festivais como Festimad, Viña Rock, Derrame Rock, Extremúsika, Tintorrock etc. como tamén no Arezzo Wave Festival (Italia) e o Foro Social Mundial (Venezuela).

O nome do grupo procede do guerrilleiro Nguyen Van Troy, quen durante a guerra de Vietnam foi capturado nun intento de atentado contra o secretario de estado norteamericano Robert McNamara e o embaixador Henry Cabot Lodge. Posteriormente foi torturado e asasinado.

As letras do grupo loitan contra as inxustizas, como por exemplo a situación que viven os indíxenas mexicanos e outros pobos do mundo, solidarizándose co desastre do Prestige ("Chapapote de Corrido"), aínda que tampouco faltan cancións sobre a súa terra, de amor-desamor e de simple diversión.

En todos os seus anos de vida o grupo sufriu varios cambios de formación, chegándose a contar 54 membros que se foron trocando na historia de Vantroi.

Discografía Hemos dicho Basta (Maqueta), 1993 ¡No Nos Moverán!, Warner Music México 1996 Bajo Palabra, Producciones B.K.T. 1999 ¡¿ ...Otra Vez Frijoles?!, Pepedote Records / Bliss Records 2001 Para No Morir De Locos, Pies Records / P&P 2005

Véxase tamén

Ligazóns externas Myspace Comandos Vantroi

Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de México Categoría:Grupos musicais formados en 1992