O Mandarim é unha novela do escritor portugués Eça de Queirós. Foi escrita en Angers (Francia) en xuño de 1880Maria Filomena Mónica: Eça de Queirós. Londres, 2005. ISBN 978-1-85566-115-8. Páx. 180 ss. . e publicada por entregas no Diário de Portugal entre o 7 e o 18 de xullo dese mesmo ano. Tamén en 1880 foi publicada nunha versión ampliada por ChardronCoca, Javier, y Aguilera, Raquel R.: "Nota de los traductores", en: Eça de Queirós: El mandarín, Barcelona: Acantilado, 2007. ISBN 978-84-96834-01-9. Páx. 113-114 .

Trama

Teodoro é un amanuense que habita nunha casa de hóspedes en Lisboa e leva unha vida rutineira, pero ten a esperanza de ser rico. Nun libro vello mercado na Feira da Ladra Teodoro le que existe na China un mandarín fabulosamente rico, e que se o lector toca unha pequena campá, o chinés morrerá e quen a toque herdará todos os seus bens. Nese momento preséntase na habitación de Teodoro o Diaño, e ínstao a tocar a campá. Teodoro faille caso e ten unha visión na que uns descoñecidos mencionan a morte de Ti-Chin-Fú. Un mes despois comunícanlle que herdou unha fabulosa suma de cartos dun mandarín así chamado.

Nun principio Teodoro dedícase a gozar da súa riqueza, pero vano invadindo os remorsos, xa que se considera culpable da morte de Ti-Chin-Fú, e imaxina que os herdeiros lexítimos poden encontrarse na indixencia por culpa del. Xa que logo, decide viaxar a China para reparar o seu crime. En Pequín coñece un xeneral ruso, chamado Camilloff, e a súa esposa, coa que mantén unha relación adúltera. Seguindo o consello de Camilloff viaxa á provincia en que vivía Ti-Chin-Fú, pero é asaltado por uns bandidos e dado por morto. É recollido por uns sacerdotes lazaristas, que coidan del ata que, reposto, decide marchar da China. De volta en Lisboa regresan os remorsos, e decide volver á vida que tiña antes, pero segue presentándoselle a imaxe do mandarín. Suplica ao Diaño que quede coas súas riquezas e resucite o mandarín, pero este dille que xa é imposible. Teodoro, sentíndose morrer, fai testamento e lega os cartos ao Diaño.

Recepción A publicación da novela non tivo demasiado eco no seu momento. Os partidarios do Naturalismo, que recibiran moi positivamente obras anteriores de Eça de estética realista como O Crime do Padre Amaro ou O primo Basílio, quedaron desagradablemente sorprendidos polo relato ton fantástico da narración.

Porén, o escritor Oliveira Martins enviou a novela ao editor Ladislaw Mickiewicz en 1884 para que a publicase traducida ao francés na Revue Universelle Internationale de París. Para esta nova edición o autor redactou unha carta-prefacio, na que xustifica o ton fantástico da obra como un divertimento, acorde co fantasioso carácter portugués, se ben afirma que non renuncia en absoluto á estética naturalista.

Narración A obra está narrada en primeira persoa polo protagonista, Teodoro. A trama desenvólvese principalmente en Lisboa, París, Pequín e Manchuria, con viaxes en barco e tren polo medio.

Personaxes Teodoro: o protagonista do romance, bacharel amanuense do reino, é un representante típico do burgués nacional, mediocre, frustrado, e de baixos valores morais Dona Augusta: dona da pensión onde Teodoro moraba antes de enriquecer Ti-Chin-Fú: o mandarín asasinado por Teodoro O Diaño Vladimira: muller do xeneral Camilloff, e amante de Teodoro por un breve período. Xeneral Camilloff: representante do Imperio Ruso na China Sá-Tó: intérprete de Teodoro durante a viaxe na China Meriskoff: representante alemán na China, compañeiro intelectual de Teodoro na China

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O Mandarim na Biblioteca MetaLibri O Mandarim no proxecto Gutenberg

Categoría:Obras literarias de 1880 Categoría:Novelas en portugués Categoría:Eça de Queirós Categoría:Libros no dominio público