Alfonso García Sanmartín, nado en Gundiá (Albá, Palas de Rei) o 2 de setembro de 1946 e finado na Coruña o 27 de outubro de 2022, foi un docente e editor galego.
Traxectoria Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca, foi docente no Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña desde 1970, centro do que foi director. Ademais, exerceu como vicepresidente da Confederación Española de Centros de Ensino (CECE).
Foi responsábel de Rodeira-Edebé, e durante dous mandatos bianuais presidiu a Asociación Galega de Editoras: entrou en 2006 en substitución de Fabiola Sotelo e saíu en 2010, cando foi relevado no posto polo vigués Manuel Bragado.Bragado, novo presidente dos editores galegos , nova aparecida en Xornal de Galicia o 16 de xullo de 2010. Finou na Coruña o 27 de outubro de 2022.Nova do pasamento anunciada pola Asociación Galega de Editoras.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en 1946
Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Finados en 2022 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes