Benito Montero Prego nado en Cambados en 1944, é un fiscal galeguista na Audiencia de Pontevedra e o primeiro en tratar de normalizar a lingua galega na Xustiza coa recuperación da democracia no Estado Español.

Traxectoria É residente na parroquia de San Salvador (Poio) desde 1996. Foi cofundador da Irmandade Xurídica Galega dende onde pula pola normalización do galego. Así mesmo, é membro da Irmandade de Viños Galegos e da plataforma cívica Prolingua.

Dende a formación do novo goberno conservador da Xunta de Galicia presidido por Núñez Feijóo, Montero mostrouse moi crítico co tratamento que se lle dá a lingua galega e así o ten manifestado publicamente en varias entrevistas:

Obras Ensaio O proceso penal a Manuel Curros Enríquez (1880-1881). Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega; Ourense, Colexio de Avogados de Ourense, 2001.

Obras colectivas Contos da xustiza, Ir Indo, 1991.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Montero Prego no Faro de Vigo.

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1944 Categoría:Personalidades do dereito