O Bray Wanderers Association Football Club (en irlandés Cumann Peile Fánaithe Bhré) é un club de fútbol irlandés da localidade de Bray, no condado de Wicklow (Leinster). Actualmente o club compite na League of Ireland Premier Division. O club foi fundado en 1942 e ascendeu á máxima categoría do fútbol irlandés en 1985.

Historia O club foi fundado orixinalmente en 1922, cando algúns membros do St. Kevin's Gaelic Football Club de Bray deixaron o club como resultado dunha disputa e formaron un club de fútbol chamado Bray Wanderers. O club destacou durante estes anos na categoría xúnior, na que gañou a Miller Cup na tempada 1927-28. A pesar deste éxito, o equipo desapareceu durante os anos '30 e '40, cando o principal club da cidade foi o Bray Unknowns F.C., que xogou a liga entre 1924 e ata mediados dos '40.

En 1942 o club foi refundado e ingresou na Athletic Union League (AUL), na terceira división, na tempada 1943-44. Na tempada 1950-51 gañou a FAI Junior Cup ao derrotant ao Drogheda United por 2-1. Repetiu título na 1953-54, a derrotar ao Ierne por 1-0 na final. A seguinte tempada deixou a AUL e afiliouse á Leinster Senior League (LSL).

Gañou a Intermediate Cup os anos 1955-56 e 1957-58 e a LSL os anos 1957-58, 1958-59 e 1960-61. Este último ano deixou a LSL e retornou á AUL, comezando un novo declive. En 1973, o Bray Unknowns disputaba a LSL e decidiu trocar o seu nome por Bray Wanderers nun intento de unir esforzos dos dous clubs. En 1985 foi escollido para ingresar na League of Ireland, na que se acababa de crear a First Division, da que finalmente se proclamou campión.

Rexistros europeos UEFA Cup: ParticipaciónsPartidosGañadosEmpatadosPerdidosA favorEn contra1200208

Recopa de Europa: ParticipaciónsPartidosGañadosEmpatadosPerdidosA favorEn contra1201113

Total: ParticipaciónsPartidosGañadosEmpatadosPerdidosA favorEn contra24013111

Opoñentes TempadaCompeticiónPaísEquipoResultado1990-91Recopa de Europa Rolda clasificatoriaTrabzonspor1-1, 0-2 (1-3)1999-00UEFA Cup Rolda clasificatoriaGrasshopper Club Zürich0-4, 0-4 (0-8)

Palmarés FAI Cups: 2 1990, 1999 League of Ireland First Division: Campión: 1985-86, 1995-96, 1999-00, 2001-02 Finalista: 1990-91, 1997-98, 2003

Ligazóns Site oficial do Bray Wanderers FC Web dos seareiros do Bray Wanderers

Categoría:Equipos de fútbol de Irlanda