Brocéliande, tamén escrito Brécilllien, Brecheliant e Brec'heleané en bretón, é unha fraga mítica da lenda artúrica, identificada na actualidade coa fraga de Paimpont e antigamente coa fraga de Huelgoat ou de Quintin, todas elas na Bretaña. O río Av nace en Brocéliande, a uns 200m de altura.
Literatura e mitoloxía O primeiro texto que menciona esta fraga é o Roman de Rou do poeta anglonormando Robert Wace, en 1160. Con todo, é en textos máis tardíos, onde se atopan ademais do seu nome actual, a maioría das súas atribucións.
Brocéliande é o fogar de numerosas lendas, incluíndo historias do mago Merlín, a fonte da eterna xuventude e o valente cabaleiro Lanzarote. Segundo a tradición, dentro deste bosque encóntrase o mítico Val sen Retorno de Morgana, a casa e a tumba de Merlín, a casa da dama do lago (un monumento megalítico) e moitos outros lugares de gran significado na tradición artúrica.
Até o 2023 estaba na actual Brocéliande (Paimpont) unha fagus sylvatica chamada 'de Ponthus', o príncipe galego da literatura do século XV que loitou nesta fraga. A árbore foi derrubada pola borrasca Ciaran.
Outros lugares de interese Abadía de Paimpont - Construída no século XIII sobre un priorado do ano 645. Estanque do paso do Acivro (Pas du Houx) - O maior estanque do bosque con 80 hectáreas. Forxas de Paimpont - Establecidas en 1653, funcionaron até mediados do século XX. Castelo de Comper - Situado ao norte do bosque, non está relacionado coa palabra bretoa "kemper" senón que provén probabelmente do antigo francés "combre" que significa encoro. Castelo de Trécesson - Reconstruído no século XV, asociado á familia de Trécesson e á lenda da "Dama branca de Trécesson".
Véxase tamén
Fraga (botánica)
Ponthus e Sidonie, reis de Galiza e Bretaña
Categoría:Botánica Categoría:Cultura da Bretaña Categoría:Mitoloxía celta