Ananke (ou en grego Ανάγκη) é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Seth Barnes Nicholson no Observatorio do Monte Wilson en 1951 e recibiría o nome mitolóxico de Ananke, nai das Moirae (parcas) xunto con Zeus.

Ananke non recibiría o seu nome oficial ata o ano 1975; antes simplemente era coñecida coma . Foi chamada tamén "Adrastea" entre os anos 1955 a 1975. Subliñar que hoxe en día o nome de Adrastea pertence a outra das lúas de Xúpiter.

Ananke dálle o seu nome o grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares retrogradas que orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 19,3 e 22,7 Gm, con inclinacións próximas a 150°.Sheppard, S. S., Jewitt, D. C., Porco, C.; Jupiter's Outer Satellites and Trojans, in Jupiter: The Planet, Satellites and Magnetosphere, edited by Fran Bagenal, Timothy E. Dowling, William B. McKinnon, Cambridge Planetary Science, Vol. 1, Cambridge, UK: Cambridge University Press, ISBN 0-521-81808-7, 2004, pp. 263-280

Órbita miniatura|esquerda|300px|Satélites irregulares retrógrados de Xúpiter. Ananke orbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Foron descubertos oito satélites dende o ano 2000 que seguen órbitas semellantes. Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000, pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter. O diagrama ilustra a órbita de Ananke en relación a outros satélites irregulares de Xúpiter. Os segmentos amarelos representan a excentricidade orbital que se estenden dende o pericentro ó apocentro. A lúa de galileo máis exterior, Calisto, foi posta coma referencia.

Dados este elementos orbitais e as características físicas coñecidas ata o de agora, pensase que Ananke podería se-lo vestixio máis grande do posible corpo que se esnaquizou para forma-lo grupo de satélites Ananke.

Características físicas No espectro visible, Ananke aparece neutro pero tirando algo ó vermello (índices de cor B-V=0.90 V-R=0.38).

O espectro no infravermello é semellante ós asteroides tipo P pero cun posible indicador de presenza de auga.

Notas

<li value="11"> Efemérides IAU-MPC NSES

Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter

Ligazóns externas Ananke Profileby NASA's Solar System Exploration David Jewitt pages Scott Sheppard pages

Categoría:Lúas de Xúpiter