Harpalike (ou en grego Αρπαλύκη), tamén coñecida coma , é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2000 e recibiu a designación provisional de .IAUC 7555: Satellites of Jupiter 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)MPEC 2001-A28: S/2000 J 2, S/2000 J 3, S/2000 J 4, S/2000 J 5, S/2000 J 6 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento é efemérides)

A lúa recibiría o nome de Harpalike oficialmente en agosto do 2003,IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa) Harpalike na mitoloxía grega era a incestuosa filla de Klymenos, aínda que nalgunhas fontes é citada coma amante de Zeus (Xúpiter).

Harpalike pertence ó grupo de satélites Ananke, pensase que este grupo son os vestixios dun posible asteroide heliocéntrico capturado, que se esnaquizou, formando así este grupo de lúas.Nesvorný, D.; Alvarellos, J. L. A.; Dones, L.; e Levison, H. F.; Orbital and Collisional Evolution of the Irregular Satellites , The Astronomical Journal, Vol. 126 (2003), pp. 398–429 Ten un diámetro estimado en 4 kms,Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; Porco, C.; Jupiter's Outer Satellites and Trojans, in Jupiter: The Planet, Satellites and Magnetosphere, edited by Fran Bagenal, Timothy E. Dowling, William B. McKinnon, Cambridge Planetary Science, Vol. 1, Cambridge, UK: Cambridge University Press, ISBN 0-521-81808-7, 2004, pp. 263-280 e no espectro visible aparece cun gris (índices de cor R-V=0.43) característico dos asteroides tipo C. A lúa órbita Xúpiter a unha distancia duns 21,064 Gm en 624,542 días, cunha inclinación orbital de 147° respecto da eclíptica (147° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,2441.

Notas

Efemérides IAU-MPC NSES Parámetros orbitais principais NASA JPL

Véxase tamén

Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter

Ligazóns externas David Jewitt pages Scott Sheppard pages

Categoría:Lúas de Xúpiter