Tione (ou en grego Θυώνη), tamén coñecida coma , é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2001 e recibiu a designación provisional de .IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de Maio do 2002 (decubrimento)MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter Maio do 2002 May (descubrimento e efemérides) Recibiu o nome de Tione en agosto do 2003, máis coñecida coma Semele na mitoloxía grega, era unha das consquistas de Zeus.IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus Agosto do 2003 (bautizando a lúa)
Tione ten un diámetro duns 4 kms e órbita Xúpiter a unha distancia media duns 21,406 Gm en 639,803 días, cunha inclinación orbital de 147° respecto da eclíptica (147° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,2526.
Tione pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares que orbitan Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 Gm e cunhas inclinacións de preto de 150°; pensase que este grupo son os vestixios dun posible asteroide heliocéntrico capturado, que se esnaquizou, formando así este grupo de lúas.Nesvorný, D.; Alvarellos, J. L. A.; Dones, L.; e Levison, H. F.; Orbital and Collisional Evolution of the Irregular Satellites , The Astronomical Journal, Vol. 126 (2003), pp. 398–429
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Categoría:Lúas de Xúpiter