A Virxe das Mareas é un lugar da parroquia de San Martiño do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña 180 habitantes no ano 2025 segundo datos do IGE, dos cales 87 eran mulleres e 93 homes, o que representa un forte descenso en relación ós anos 2016, cando tiña 213 veciños, e 2010, cando eran 243.

Historia O barrio da Virxe das Mareas naceu en 1947, cando se proxectou a construción dun bloque de 68 vivendas sociais para mariñeiros do Grove, aínda que as obras no remataron ata 1961, ano no que chegaron os primeiros veciños. Como aí non había comercios ni traballo, e aínda non había estrada que comunicara o barrio co casco urbano, a uns 4 km de distancia, houbo quen pronto abandonou o lugar pero tamén quen o ocupou como segunda residencia, ata que nos anos setenta obrigaron a estes últimos a deixar as casas (construídas como vivendas sociais).

Esta decisión provocou diferentes enfrontamentos entre veciños e policía, e como fose que estes feitos coincidisen coa estrea no Grove da película El último tren a Katanga, sobre a descolonización de África, o barrio pasou a ser coñecido, por mal nome, como Katanga.

Lugares e parroquias Lugares da parroquia do Grove

Parroquias do Grove

Véxase tamén Bibliografía 'Virxe das Mareas quiere renacer', en La Voz de Galicia, 21.08.2011 [consultado o 3.07.2016]

Categoría:Lugares do Grove