A Lanzada é un lugar da parroquia de San Vicente do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2025 tiña 55 habitantes (27 mulleres e 28 homes), o que representa un notable aumento respecto ó ano 2016, cando tiña 41 veciños, e 2010, cando eran 48.
Está situado do outro lado da praia da Lanzada do lugar da Lanzada (Noalla, Sanxenxo).
O lugar sitúase no extremo norte da praia da Lanzada. Nel érguese un antigo sanatorio antituberculoso, hoxe dedicado a campamento de vacacións da Deputación de Pontevedra.
O areal da Lanzada tamén puido desenvolver un rol importante durante a segunda guerra mundial coa preparación dun aeródromo alemán encuberto que non consta se chegou a ser empregado Jesús María Reiriz Rey: "A Coruña y la II Guerra Mundial". no Anuario Brigantino, 2006 .. Hoxe, a pista deste aeroporto está reconvertida en aparcadoiro para os usuarios da praia da Lanzada.
Lugares e parroquias Lugares de San Vicente do Grove
Parroquias do Grove
Notas
Categoría:Lugares do Grove