A selección de fútbol de Romanía é o equipo que representa a Romanía nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federaţia Română de Fotbal (do romanés: Federación Romanesa de Fútbol), pertencente á UEFA. A selección é alcumada habitualmente como "Tricolorii" ou "os tricolores", por mor das cores do seu equipamento.
Romanía é un dos catro países, xunto a , o Brasil e , que participou no primeiras tres edicións da Copa do Mundo de Fútbol, as únicas disputadas antes da interrupción do fútbol pola segunda guerra mundial. No mundial de fútbol dos Estados Unidos de 1994, liderados por Gheorghe Hagi, conseguiron a súa mellor clasificación nun Mundial ao acadar os cuartos de final, tras derrotar a un dos candidatos, por 3-2. Con todo, os tiros de penalti ante impediron que os romaneses chegar situarse entre os catro mellores do torneo. Na Eurocopa, a súa mellor participación foi na Euro 2000 de Béxica e os Países Baixos, chegando tamén a cuartos de final, onde perderon por 2-0 ante .
Historia A selección romanesa, que xougou o seu primeiro encontro o 8 de xuño de 1922 cunha vitoria por 1-2 fronte , é coñecida popularmente como a Tricolorii ou a tricolor, debido aos seu equipamento que consiste nunha camisola, pantalón e medias amarelas con detalles en azul e vermello, as cores da bandeira de Romanía. Foi unha das poucas seleccións europeas presentes na Copa do Mundo FIFA de 1930. Os xogadores seleccionados para viaxar a Uruguai, país sede da Copa, foron escollidos persoalmente polo rei Carlos II, un gran seareiro do deporte.
Tamén participou nas Copas de 1934 e 1938, sendo un dos únicos catro países en facelo xunto con , o Brasil e . Volveu a disputar un Mundial no ano 1970, no que perdeu na fase de oitavos de final contra o Brasil, considerada como unha das mellores seleccións de tódolos tempos, por 3 a 2, e sendo un dos dous únicos equipos en marcar máis dun gol naquel certame contra a selección canarinha, que logo sería tricampioa. Pese ao bo resultado, tería que esperar vinte anos máis para chegar de novo a un Mundial: o de Italia 1990.
Catro anos despois, no mundial de 1994 dos Estados Unidos, obtivo súa mellor clasificación ocupando a sexta posición, tras eliminar a favorita por 3 a 2 nos oitavos de final. Posteriormente caería nos cuartos, na rolda de penaltis, diante da selección de Suecia. O partido estivo cheo de reviravoltas: suecia anotaba o 1 a 0 no minuto 78 de partido, e a piques de rematar o encontro Răducioiu empataría levando o partido á prórroga. Na mesma non tardaría en anotar de novo Răducioiu para poñer aos romaneses con vantaxe de 2 a 1, masi a cinco minutos do final Andersson empataría o partido de novo. Xa na rolda de penaltis Romanía chegou a ir con vantaxe, mais un fallo de Belodedici no sexto lanzamento deixabaos fóra.
En 1998, Romanía chegou á segunda fase, sendo eliminada por nos oitavos de final por 0 a 1. Con todo, os romaneses foron responsábeis dun dos actos curiosos do Mundial: tras conseguir pasar a primeira fase, tódolos xogadores tinguíronse o cabelo de loiro. Nesta grande etapa que a selección viviu nos anos 90, os seus grandes nomes foron Florin Răducioiu, o xitano Marius Lăcătuş, Ilie Dumitrescu, Gheorghe Popescu, Dan Petrescu, Miodrag Belodedici, Adrian Ilie e o principal deles, Gheorghe Hagi. Na Eurocopa, a súa mellor participación foi na de Bélxica e os Países Baixos 2000, cando acadou o sétimo lugar.
Resultados
Copa Mundial de Fútbol Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC Uruguai 1930 Primeira fase 8° 2 1 0 1 3 5 border|20px|Italia Italia 1934 Primeira fase 12° 1 0 0 1 1 2 Francia 1938 Primeira fase 9° 1 0 0 1 4 5 border|20px|Brasil Brasil 1950Non participou Suíza 1954Non se clasificou Suecia 1958 Chile 1962Retirouse Inglaterra 1966Non se clasificou México 1970 Primeira fase 11° 3 1 0 2 4 5 Alemaña 1974Non se clasificou Arxentina 1978 España 1982 México 1986 Italia 1990 Oitavos de final 12° 4 1 2 1 4 3 Estados Unidos 1994 Cuartos de final 5° 5 3 1 1 10 9 Francia 1998 Oitavos de final 11° 4 2 1 1 4 3 Corea/Xapón 2002Non se clasificou Alemaña 2006 Suráfrica 2010 Brasil 2014 Rusia 2018 Total - 23°218583032
Eurocopa Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC Francia 1960Non se clasificou border|20px|España España 1964 Italia 1968 Bélxica 1972 Iugoslavia 1976 Italia 1980 Francia 1984 Primeira fase 7° 3 0 1 2 2 4 Alemaña 1988Non se clasificou Suecia 1992 Inglaterra 1996 Primeira fase 15° 3 0 0 3 1 4 Bélxica/P. Baixos 2000 Cuartos de final 7° 4 1 1 2 4 6 Portugal 2004Non se clasificou Austria/Suíza 2008 Primeira fase 12° 3 0 2 1 1 3 Polonia/Ucraína 2012Non se clasificou Francia 2016 Primeira fase 19° 3 0 1 2 2 4 Total - 18°13148817
Xogadores
Máis partidos disputados Actualizado a 18 de novembro de 2019. #XogadorCarreiraXogosGoles1Dorinel Munteanu1991–2007134162Gheorghe Hagi1983–2000124353Gheorghe Popescu1988–2003115164Răzvan Raț2002–201611325László Bölöni1975–1988102236Dan Petrescu1989–200095127Bogdan Stelea1988–20059108Michael Klein1981–19918959Bogdan Lobonț1998–201886010Marius Lăcătuș1984–19988313Mircea Rednic1981–1991832
Máximos goleadores Actualizado a 18 de novembro de 2019. #XogadorCarreiraGolesXogosMedia1Gheorghe Hagi1983–200035124 0,28Adrian Mutu2000–201335770,453Iuliu Bodola1931–193931480,644Ciprian Marica2003–201425720,34Viorel Moldovan1993–200525700,356László Bölöni1975–1988231020,227Rodion Cămătaru1978–199021730,28Dudu Georgescu1973–198421400,52Anghel Iordănescu1971–198121570,36Florin Răducioiu1990–199621400,52
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Federación Romanesa de Fútbol
Ligazóns externas FRF - Sitio web oficial Arquivo da selección Arquivo de resultados dende 1922 a 2006 Arquivo de adestradores dende 1922 a 1999
Categoría:Fútbol en Romanía