Swans é unha influente banda estadounidense de rock experimental, activa inicialmente de 1982 a 1997, e liderada polo vocalista, compositor e multiinstrumentista Michael Gira. Foi un dos poucos grupos que emerxeu da escena no wave de Nova York de principios dos 80 e permaneceu intacto ata a seguinte década. A banda destacou polas súas voces e a súa estraña instrumentación e contribuíu ao desenvolvemento de xéneros como o noise rock, o post-punk, a música industrial e o post-rock. Tras o ingreso do cantante, compositor e teclista Jarboe, que apareceu por primeira vez no sinxelo de 1986 "Time Is Money (Bastard)" e estreouse como compositor no álbum de 1987 Children of God, Swans comezou a incorporar máis melodía e complexidade á súa música. A banda disolveríase no ano 1997, permanecendo como únicos membros constantes durante esa época Gira e Jarboe.

En xaneiro do ano 2010 Michael Gira reactivou Swans sen Jarboe e comezou a traballar nun novo álbum, My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky. Gira conseguiu unha serie de membros estables cos que comezou a xirar por todo o mundo e cos cales editou unha serie de traballos aclamados pola crítica. Con estes músicos a banda realizou os seus últimos concertos en novembro de 2017, ao finalizar a xira de promoción do seu álbum The Glowing Man. Dende 2019 Gira toca e grava con Swans como "un conxunto xiratorio de colaboradores". O seu último álbum ata a data, Birthing, foi editado o 30 de maio de 2025. Desde 1990, todos os discos de Swans foron publicados a través do propio selo de Gira, Young God Records.

Estilo e legado A música de Swans transformouse enormemente ao longo das década, pero é normalmente escura e "apocalíptica", a miúdo centrándose nos temas de poder, relixión, sexo e morte, sendo asociada xeralmente ao rock experimental. Segundo Spin, a banda demostra "inigualable capacidade de traducir a violencia absurda da condición humana en música tan embriagadora como intensa".

Os seus primeiros traballos, con raíces no movemento no wave baseado na cidade de Nova York e que esvaecía no momento da súa formación en 1982, son extremadamente agresivos, caracterizados por Michael Gira como "eliminando os elementos esenciais do que consideramos que é a música rock". The Guardian descríbeo como "un latexo rítmico cacofónico que se inspirou no post-punk, na música industrial, no doom metal, no minimalismo de vangarda de NYC e no blues; un son que coincidíu coas preocupacións líricas a miúdo nihilistas, antinatalistas e existenciais de Gira ... entregado de maneira estentiana e mesiánica". Swans contribuíu tanto á música industrialReynolds, Simon (2005). Rip It Up and Start Again: Postpunk 1978–1984. (Page 487) Londres: Faber and Faber. ISBN 0-571-21569-6 como ao noise rock e influenciou a aparición do grindcore e do sludge metal. A finais dos 80 a música de Swans comezou a incorporar elementos máis melódicos e intricados, especialmente dende a estrea de Jarboe como compositor no Children of God de 1987.

Aínda que xeralmente mantiveron moita disonancia, os seguintes traballos da banda aventurouse cara xéneros como o post-punk, o rock gótico, o neofolk, o rock psicodélico e o art rock. O seu último álbum antes de separarse, o Soundtracks for the Blind de 1996, é un dobre álbum que enfatiza a atmosfera, ramificándose cara ao post-rock, o drone e o dark ambient. Dende que se reformou en 2010, continuaron asociados co post-rock e a música drone, ademais do noise rock. Os seus tres últimos dobres álbums, cos que a banda conseguiu a aclamación xeneralizada da crítica, adoitan incluír cancións longas que desenvolven complexas paisaxes sonoras.

Swans foi citada como unha influencia por unha gran variedade de músicos de rock experimental e de metal extremo, como membros de Napalm Death, Godflesh, Melvins, Neurosis, Nirvana, Tool, My Dying Bride, Leviathan, Weakling e Khanate

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Filth 1983 Labour Records Cop 1986 K.422 Greed 1986 K.422 Holy Money 1986 K.422 Children of God 1987 Caroline The Burning World 1989 Uni/MCA Records White Light from the Mouth of Infinity 1991 Young God Records Love of Life The Great Annihilator Young God Records The Great Annihilator 1995 Young God Records Soundtracks for the Blind 1996 Atavistic My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky 2010 Young God Records The Seer 2012 Young God Records To Be Kind 2014 Young God, Mute The Glowing Man 2016 Young God, Mute Leaving Meaning 2019 Young God, MuteThe Beggar2023Young God, MuteBirthing2025Young God, Mute

EPs

Álbum Ano Selo Swans 1982 Labor Young God 1984 K.422 Love Will Tear Us Apart 1988 Product Inc. Die Tür ist zu 1996 Rough Trade/Revolver Oxygen 2014 Young God/Mute

Notas

Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York Categoría:Grupos musicais formados en 1982